Compostela, 1 de xuño de 2015.- A CIG-Saúde denuncia o empeño da consellaría de Sanidade e o goberno do PP de vincular o peche de camas coas vacacións ás que o persoal do SERGAS ten dereito. “O peche de camas é unha medida política que afonda no desmantelamento da sanidade pública. O único que se consegue é paralizar, durante catro meses, a asistencia sanitaria pública, que é o seu obxectivo, facilitando a derivación de doentes á sanidade privada”, afirma a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.
A CIG-Saúde denuncia que o peche de camas ten consecuencias no eido asistencial e no eido laboral. Abuín explica que, no eido asistencial, provoca un incremento das listas de espera o que obrigará a derivar a doentes á sanidade privada para cumprir a Lei de Garantías. “A lei di que as e os doentes teñen que ser atendidos en 60 días para intervencións cirúrxicas e en 45 para consultas ou probas diagnósticas. A imposibilidade de cumprir eses tempos na sanidade pública favorecerá a súa derivación á privada, que é onde serán atendidos/as. Ese é precisamente o seu obxectivo político, afondar no desmantelamento da sanidade pública”.
No eido laboral a CIG-Saúde denuncia que o que se incrementa é o desemprego porque estas camas pechadas inciden tamén no desmantelamento do emprego público. “As camas pechan catro meses, ou máis en algún caso, pero o persoal só ten 30 días de vacacións. O resto fas de corre quendas e cobres os/as compañeiros/as doutras unidades que se van de vacacións impedindo o acceso ao emprego doutros traballadores/as que están inscritos nas listas de contratación”, denuncia Abuín.
A secretaria nacional da CIG-Saúde chama a atención sobre a situación laboral no sector e denuncia o elevado nivel de desemprego. “Estas políticas laborais son intolerábeis, porque así o que lle queda ás e aos profesionais que están nas listaxes de contratación é emigrar”.
Segundo os datos que ten a CIG-Saúde neste intre hai máis 7.000 enfermeiras/os inscritas/os nas listaxes de contratación e no pico máis alto de contratación traballan un 23,27%. Xunto a isto hai case 6.000 auxiliares de enfermería das/os que só traballan o 21,45%; máis de máis 5.300 celadoras/es anotadas/os e só traballan o 11,72%; máis de 3.000 de persoal de servizos xerais e traballa o 3,80%, e máis de 1.000 técnicas/os de laboratorio das/os que só traballa o 9%.
“Poderiamos seguir enumerando máis casos, como é o do persoal facultativo de atención especializada, cun alto índice de precariedade laboral, pero non podemos facilitar datos porque o SERGAS négase a negociar un pacto de contratacións para este persoal e así se oculta a súa situación”, denuncia Abuín.
Ante esta situación a secretaria nacional da CIG-Saúde reitera que “o peche de camas non é responsabilidade do persoal, senón da política de privatización e de desmantelamento do sistema público deste goberno”. Conclúe exixindo que “asuman por unha vez a súa responsabilidade de xestores e que se vaian de vacacións permanentes. En vez de pechar as camas que pechen a consellaría polo tempo que queda ate as próximas eleccións”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



