Este xoves 4 de xuño celebrouse en Barreiros a Clausura das Escolas Deportivas de Barreiros na súa Tempada 2014 – 2015, na que participaron de outubro a maio máis de 165 alumnos (50 adultos e 115 nen@s), nas 8 modalidades deportivas ofertadas: fútbol sala, atletismo, tenis de mesa, patinaxe, xogos predeportivos, natación para idades infantís e ximnasia de mantemento e aeróbic para adultos.
A clausura tivo lugar no pavillón municipal de Barreiros e comezou ás 18.30 horas coa exhibición de Patinaxe Artístico a cargo d@s alumn@s desta sección deportiva, e a continuación disputouse un partido de fútbol sala categoría biberón – prebenxamin.
A partir das 20.00 horas tivo lugar o acto de clausura oficial das E.D. Barreiros coa entrega da revista de actividades da temporada e medallas a todos os nenos participantes e unha merenda final na que participaron todos os asistentes.
Dende as E.D. Barreiros agradecemos a colaboración que ano tras ano nos prestan os centros educativos: Ceip San Cosme, San Miguel así como da oficina de Información Xuvenil.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



