A Liga de Veteranos de Viveiro 14/15 chega ó seu remata trala final da COPA na que o Gato Pardo se impoñía por 4 a 1 á Curva, segundo clasificado tamén na competición regular.
Bena, do Gato Pardo, repite a distinción de máximo goleador da Liga tamén na Copa; mentres que Álvaro, do Gato Pardo, se fai co título de “Mellor porteiro” na Copa e Antonio Fernández, A Curva, na Liga.
Os premios de final de temporada péchanse co equipo máis deportivo: Mesón Lodeiro.
Agradecementos
A organización da Liga quere agradcer a participación de todos os equipos e a colaboración de todos os patrocinadores, en especial de Deportes Living Sport e o Concello de Viveiro.
Con esta temporada, a organización da por finalizada a súa etapa como organizador deste evento que “agardamos que continúe a celebrarse moitos anos máis polo ben do fútbol sala e do deporte en xeral en Viveiro e A Mariña”.