Dende a Confederación ANPAS GALEGAS asistimos sorprendidos á constante descualificación a que o conselleiro de educación está sometendo ás ANPA públicas, que somos nin máis nin menos que a suma das familias con nenos e nenas escolarizadas actualmente no Ensino Público Galego, e queremos saír ao paso do que se esta dicindo e transmitir unha mensaxe o máis clara e concisa posible:
– A Confederación de ANPAS GALEGAS, onde estamos máis de 300 anpas pertencentes ás Federacións das comarcas de Cangas, Condado-Paradanta e Louriña, Compostela, Costa da Morte, FerrolTerra, Val Miñor e Vigo, xunto con todas as da Federación Provincial de Lugo, NUNCA, en ningún momento, defendemos a creación de Bancos de Libros por parte da Xunta de Galicia.
– O que demandamos dende a nosa creación é que a Xunta de Galicia forneza de libros de texto, e do material didáctico substitutivo ou adaptado que se poida utilizar, a TODO O ALUMNADO DO ENSINO PÚBLICO GALEGO, sen consideracións sobre o seu nivel de renda, porque o diñeiro público provén dos nosos impostos, en cuxa recadación xa participamos de acordo co noso nivel de renda, polo que rexeitamos as duplicidades.
– Así mesmo demandados que ese fornecemento se realice a través dun sistema de préstamo que, á parte do evidente aforro para o noso diñeiro público, transmita aos nosos fillos e fillas os valores de reciclaxe, coidado para o grupo, e responsabilidade na xestión das cousas comúns.
– Demandamos tamén que todo o traballo administrativo derivado da organización deste sistema de gratuidade que defendemos non sexa realizado polo persoal docente porque está claramente á marxe da súa función e constitúe unha sobrecarga inaceptábel.
– Somos consciente de que existe unha dúbida moi razoable acerca da futura vixencia da última reforma educativa, a que se coñece como LOMCE, toda vez que todos os partidos políticos, agás do PP, manifestaron publicamente a súa intención de derrogala; polo que defendemos, á vista da inmediatez da próxima convocatoria electoral, que para o próximo curso escolar non se cambie ningún libro de texto, porque é mellor ter un libro non adaptado durante un curso que arriscarnos a cambialo agora e ter esa mesma inadaptación os cinco cursos seguintes se efectivamente a LOMCE se derrogase.
En canto ás críticas puntuais que se nos están facendo, diremos que:
– Se a consellería de educación quere contar coa colaboración das familias galegas, o que ten que facer é propiciar a nosa participación respondendo ás nosas permanentes demandas de diálogo, antes de lanzar á rúa normas mal elaboradas como a que regula o chamado “fondo solidario”, que en só uns días de publicación xa tivo que saír a emendar pola vía de feito diante da evidente desatención na que deixaba ás familias máis desfavorecidas.
– Dende a Confederación ANPAS GALEGAS solicitaremos ás nosas federacións asociadas, e a través delas ás anpas que as compoñen, que NON participen na organización de ningún banco de libros a partir do curso 2015-2016, porque entendemos que tal e como foron deseñados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, que foi a súa unilateral creadora, correspóndelle a ela o seu integral desenvolvemento.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



