Lugo, 23 de xuño de 2015.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro, asegurou este martes que o BNG terá oportunidade de demostrar se o seu código ético responde a un verdadeiro compromiso firme ou se, pola contra, é “de quita e pon”.
Desde o Partido Popular sospeitan que os “intereses partidistas” e o “pánico a ceder poder”, farán que os nacionalistas rematen por ceder e, con moita probabilidade, presten o seu aval ao candidato socialista á Presidencia da Deputación sobre o que pesa unha imputación xudicial.
“Non é a primeira vez que o BNG que fixan unhas regras, porque foron eles os que as puxeron, e despois invéntanse xustificacións para non cumprilas. Por riba do seu compromiso ético está facer todo o posible para que o PP non goberne, a pesar de ser a lista máis votada”-sinalan.
O secretario xeral popular lembra que que estamos ante un suposto moi similar ao que determinou a forzada dimisión de Orozco, polo que non se entendería un trato diferente. De feito tanto Martínez como Orozco (este último entre outras) son obxecto de imputación por tráfico de influencias.
BAIXO A SOSPEITA DA XUSTIZA
Os populares de Lugo aclaran que a súa formación política respecta profundamente a presunción de inocencia, pero tamén consideran que se deben ter en conta as esixencias éticas da cidadanía.
Desde o PP consideran comprensible que moitos cidadáns da provincia se pregunten os motivos polos que o PSOE insiste en manter como candidato á Presidencia da Deputación a alguén sobre os que existen sospeitas de comportamentos irregulares de enorme gravidade, como os que a Xustiza investiga respecto de Martínez, en concreto, presuntos delitos de tráfico de influencias e malversación.
TRES IMPUTADOS DE 11 SOCIALISTAS
Por si isto fóra pouco, desde o Partido Popular lembran que o PSOE insiste nesta mesma práctica. E de feito o BNG estaría apoiando a un goberno con tres imputados socialistas: o propio Martínez, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro e o alcalde de Pol, Lino Rodríguez.
Non é só o caso de Martínez, senón que de 11 deputados que o PSOE ten na Deputación hai un total de tres imputados, todos eles escollidos pese a ser conscientes da súa situación xudicial. Sobre o alcalde socialista de Pol, pesa unha imputación por presunto delitos como tráfico de influencias, prevaricación, fraude ou exaccións ilegais, e a alcaldesa de Viveiro se enfronta á inminente apertura de xuízo oral, a un inminente procesamento, neste caso, por unha imputación xudicial por prevaricación urbanística.




















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



