Ribadeo, 30 de xullo de 2015.- A 25ª edición da semana náutica que organiza o Real Club Náutico de Ribadeo foi presentada este xoves e na súa programación inclúe nove regatas, unha zalea (excursión lúdica en diversas embarcacións) ata o muíño das Aceas e un campionato infantil de pesca.
O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña, que estivo acompañado por varios membros da xunta directiva da entidade, explicou este mediodía que “para o club é unha satisfacción presentar hoxe esta 25ª edición da Semana Náutica, na cal por terceiro ano consecutivo temos un programa sinxelo, pero que abarca todas aquelas actividades que durante a Semana Náutica se viñeron celebrando estes 25 anos”.
Ramón Acuña anunciou que as actividades “empezan o día 6 de agosto e finalizarán o día 15 dese mesmo mes coa entrega de trofeos. O xoves día 6 temos o cuarto trofeo ACISA de cruceiro local; o venres 7 haberá o XVI trofeo Abanca de vela tradicional; o sábado día 8 teremos varias actividades, porque ás 10 da mañá terá lugar o quinto trofeo Real Club Náutico de Ribadeo e o campionato de infantil de pesca, as 11 temos o segundo trofeo Seat-Talleres Armando correspondente ás escolas de verán, de vela lixeira, para os rapaces que estiveron durante todo o ano na escola de vela, e ás 5 da tarde, como sempre, o XVII trofeo de Paradores, tamén de vela lixeira; o domingo día 9 ás 11 da mañá temos o trofeo da escola municipal de vela lixeira, tamén para aqueles rapaces que estiveron na escola de vela do Concello; e ás 5 da tarde terá lugar o XVII trofeo da Deputación de Lugo de vela lixeira; o luns 10 temos o 25º trofeo Concello de Ribadeo de vela tradicional, que se ven celebrando desde o principio e non houbo ningún ano que se deixara de facer; o martes día 11 temos o quinto trofeo Abanca de cruceiro local; o mércores 12, o cuarto da Semana Náutica, tamén de cruceiro local; e o xoves día 13 por fin podemos facer este ano unha zalea, que non será a Abres, como se viña facendo de forma tradicional e que levábamos dous anos sen poder realizala por mor das dificultades que pon a Confederación Hidrográfica para que se poidan facer estas actividades e este ano aínda que conseguimos o permiso coincidía para un día no que non a podemos facer porque era o último día de agosto e a maioría dos socios xa non están en Ribadeo; e, por outro lado, a marea non era precisamente a máis adecuada. Polo tanto, para dar unha satisfacción a todos aqueles socios que non estaban pedindo que se fixese unha zalea e tendo en conta que agora as instalacións do muíño de mareas da Aceas están reconstruídas e teñen un área recreativa que pode acoller a nosa estancia alí, pensamos que podía ser unha forma de ter unha pequena zalea, non moi grande porque é cerquiña, pero podemos facela todo o longa que queiramos pois dar voltas pola ría tamén é bonito. E o sábado día 15 ás 20 horas faremos a entrega de trofeos desta Semana Náutica”.
O presidente do Náutico ribadense destacou que “para nós esta Semana Náutica implica dúas cousas: poder seguir ano tras ano facéndoa e nesta edición rendemos unha pequena homenaxe a un dos nosos socios falecido xa hai uns anos, Alberto Pelegrín, que ademais das dúas dotes de bo navegante e de bo xestor, como demostrou cando este club se puxo en marcha pois el foi un dos homes que estivo aquí sempre ao carón da xente que quixo facer posible esta iniciativa, tamén tiñan unha faceta, que eu descoñecía, de pintor excepcional. Entón no cartel desta Semana Náutica reprodúcese un dos seus cadros e no programa de man vai ese e tamén outro, nos que se reflicten a arte que tiña este home. É unha maneira sinxela pola nosa parte de renderlle homenaxe a todos aqueles que sempre puxeron en valor o Real Club Náutico de Ribadeo”.
Ademais Acuña aproveitou para anunciar que “en breve vamos ter en funcionamento a estación de servizo, tan demandada polos socios, e que a día de hoxe xa é unha realidade”. Tamén comentou que “este ano conseguimos legalizar totalmente a denominación de Real Club Náutico de Ribadeo, porque dende hai uns dous meses pódese dicir que o nome Real Club Náutico de Ribadeo é unha realidade, non antes, porque no seu momento solicitóuselle á Casa Real e despois das consultas pertinentes concedeu o privilexio de utilizar o símbolo de Real. Pero iso leva consigo outra tramitación, que é legalizar os estatutos adecuadamente e ademais todas as xestións que hai que facer ante Deportes para que iso sexa unha realidade. E no país no que estamos as cuestións administrativas son moi lentas, polo que levamos dous anos loitando para que se adaptasen os estatutos e ademais para conseguir que dentro do rexistro de entidades deportivas que este club pasase a denominarse Real Club Náutico de Ribadeo”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
