A Coruña, 5 de xullo de 2015.- A delegación do Goberno en Galicia informa de que a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) poñerá en marcha desde este luns, día 6, unha campaña especial de vixilancia e control das condicións nas que circulan os vehículos. O obxectivo é garantir que o estado dos mesmos cumpre os requisitos establecidos pola lexislación vixente.
Durante unha semana, ata o vindeiro domingo día 12, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán estes controis tamén nas estradas galegas. Ademais, invitouse a participar ás Policías Locais dos Concellos nas mesmas datas. Deste xeito, aínda prestando atención a todo tipo de infraccións, poñerase especial énfase en comprobar as condicións técnicas dos vehículos.
No conxunto de España, a antigüidade media do parque de turismos aumentou en 3,7 anos no periodo 2017-2014. E evidenciouse que a antigüidade do vehículo supón un factor de risco ao carecer dos sistemas e equipamentos de seguridade implantados máis recentemente, ademais dos problemas derivados do seu uso prolongado. De feito, ao realizar unha *comparativa entre os accidentes ocorridos con vehículos de 10 a 15 anos de antigüidade e os de menos de 5 anos, apréciase que o risco de falecer ou resultar grave duplícase no primeiro caso.
Un adecuado mantemento e posta a piques dos principais elementos de seguridade do vehículo (neumáticos, freos, alumado e sinalización) resulta imprescindible para combater a sinistralidade.
O ano pasado detectáronse en España máis de 630.000 infraccións relacionadas directamente co estado do vehículo, cifra que aumentou en máis dun 32% respecto ao ano 2010, poñendo de manifesto unha situación sobre a que é preciso #afondar a fin de continuar coa redución dos accidentes.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



