Cadernos da viaxe. A Constitución non recoñeceu un dereito subxectivo á vivenda, senón que converteu a provisión de vivenda digna nun dos principios reitores das políticas sociais e económicas, só reclamábel en función das leis que regulasen estas políticas. A recesión multiplicou os casos de desafiuzamentos de vivendas, quer por execucións hipotecarias, quer pola falla de pagamento dos alugueiros. E o PP, gobernante na altura na Xunta, no Estado e en moitos concellos amosouse absolutamente desleixado cara estes problemas.
No que atinxe ás execucións hipotecarias, a lei procesual civil impedía cuestionar dentro do procedemento executivo a legalidade da débeda, nomeadamente as cláusulas abusivas dos xuros convencionais ou de demora e da taxación unilateralmente imposta pola entidade bancaria. E a solución chegou do Tribunal da Unión Europea, malia que Rajoy traspuxo a norma ao seu xeito canto a prazos.
Nesta caste de desafiuzamentos imponse a tutela xudicial. Mais compre distinguirmos, neste ámbito , estes desaloxos dos xerados pola falla de pagamento dos alugueiros. No último caso (agás algunhas excepcións) semella que non se lle pode facer apandar indefinidamente aos propietarios coas consecuencias desta falla de pagamento. Mais tamén compre derrogar a normativa que impide parar o despexo pagando a débeda pendente ás persoas que xa o fixeran no pasado. E compre que os Xulgados dean conta ás Oficinas municipais de servizos sociais da admisión de toda demanda desta caste tan logo como se produza.
O que si precisa unha resposta unificada a ambos os dous tipos de desafiuzamento é a garantía do dereito a unha vivenda digna. Garantía que requirirá da intensa coordinación entre os concellos, competentes na asistencia social primaria, e a Xunta, competente na política de vivenda. Da Xunta habían vir solucións como un parque de vivendas para alugueiros sociais que merecese este nome e todas as medidas posíbeis para pór o meirande número de vivendas baleiras ao dispór das persoas en risco de perda da súa vivenda.
É indubidábel que as novas maiorías gobernantes nos principais concellos galegos asumen esta prioridade. Mais, que dicir da Xunta? Será quén de traballar mán a mán cos gobernos municipais doutra cor política? Coñecendo ao PP e a Feijóo compre dubidalo, máis aló de quitar a foto.
Xoán Antón Pérez-Lema


















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



