O Ribadeo FC iniciaba este martes a pretemporada 15/16 con poucas novidades. Os de Germán e Vilachá contarán con boa parte da plantilla, a excepción de Fernando e Kiko, á que se incorporan os irmáns Diego e Borja dos Santos -procedentes do Andés da Terceira asturiana- para reforzar a portería e a defensa, respectivamente.
Ademais destas dúas incorporacións, realizarán a pretemporada co equipo catro mozos da provincia: Álvaro Moreda (Burela), Borja Mella (San Cibrao), Anxo Ginzo (A Pontenova) e Adrián Román (Lugo).
Amigables
Antes do derbi provincial de Terceira ante o Racing Vilalbés da primeira xornada da competición regular que se disputará no Pepe Barrera, o conxunto celeste disputará algúns amigables que servirán de posta a punto.
– Real Tapia – RIBADEO FC: mércores 29 de xullo ás 19.30 horas.
– CD Tineo – RIBADEO FC: sábado 1 de agosto ás 17.30 horas.
– CD San Ciprián – RIBADEO FC: mércores 5 de agosto ás 19.30 horas.
– RIBADEO FC – Andés CF: sábado 8 de agosto ás 18.30 horas (Trofeo Amistad).
– RIBADEO FC – Viveiro CF: mércores 12 de agosto ás 20.00 horas.
– Astur Vegadense – RIBADEO FC: sábado 15 de agosto ás 18.00 horas.
LXIV Trofeo Emma Cuervo
Aínda así, a primeira cita futbolística será o LXIV Trofeo Emma Cuervo, o vicedecano dos trofeos de verán, organizado polo Ribadeo FC. O CD Lugo e o Real Club Deportivo da Coruña mediranse no Pepe Barrera este sábado 25 de xullo a partir das 19.30 horas.























A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
