O Kayak de Foz acudiu ó Campo de Regatas de Verducido-David Cal para participar nunha das citas máis importantes da tempada de regatas: o Campionato Galego infantil A e B sobre a distancia de 3000 metros.
No campionato, organizado pola Federación Galega de Piragüismo, participaron 324 padexeiros de case todos os clubs de Galicia para coroar aos novos campións galegos da distancia.
Na primeira regata do día, a de ‘muller infantil B K1′, o Kayak contaba nas augas coas irmáns Paola e Naila García Neira que mantiveron o tipo ante os ataques das súas rivais directas ata lograr entrar no top 15 da proba. Paola entrou no posto 11 da xeral parando o crono en 14:54,48, 1 minuto e 1 segundo máis tarde que a gañadora, Nuria Romero, do club Tudense. 14 segundos máis tarde, entrou Naila no posto 15, facendo un tempo de 15:08:47. Moi boa progresión a das irmás García Neira que melloraron os tempos marcados no Campionato de España.
Trala regata das mozas, a seguinte saída para o Kayak era a dos infantís B K1 con Fran Rubio -a principal baza do club tras obter excelentes resultados nas regatas da Liga Galega de Piragüismo-, Brais Martín e Pablo López.
Entre os 62 palistas participantes, o máis forte foi Adrián Padín do Portonovo que se levou o ouro, parando o crono en 12:58,59. Nove segundos máis tarde entrou Fran Rubio, do Kayak, parando o crono en 13:07,60 a nove segundos do vencedor conseguindo a medalla de prata. O bronce foi para o padexeiro do Verducido, Miguel Paz cun crono de 13:12,66, a 14 segundos do vencedor. Pola súa banda, Pablo López, tras unha boa regata acabou no posto 22 a 2:17 de cabeza e cun tempo empregado de 15:30,35. Brais Martín finalizou no posto 45 a 04:03 da cabeza, cun crono de 17:16,63.
Con esta carreira, Fran consolídase como unha das grandes promesas do piragüismo galego para os vindeiros anos.
Bronce para Xoel García Neira pese ás marcaxes
A regata estrela da xornada era a de home infantil A K1 onde o Kayak de Foz tiña na auga a Xoel García Neira, Campión Galego infantil B no 2014. Naquela ocasión a regata disputouse en Boiro e Gabriel Pachón do Tambre e Gabriel Saavedra do Verducido acompañaron a Xoel no podio. A mesma distancia e os mesmos palistas.
Ás doce e media dábase a saída á regata e os favoritos comezaron a ocupar as primeiras posicións. Gabriel Pachón, Xoel García e Ángel González comandaban a proba, marcándose uns a outros para non perder ningunha posibilidade de vitoria; mentras que a algo máis de sesenta metros por detrás circulaba Joaquín Iglesias, do Verducido. A marcaxe entre os tres de cabeza provocou que se despistaran e que pasaran de largo a ciaboga. Levaban case 100 metros percorridos de máis cando se deron conta do error, virando de inmediato pero dando tempo para que Joaquín Iglesias pasara a comandar a proba. Cando os tres favoritos á victoria se incorporaron á regata, ocuparon as prazas 7, 8 e 9.
Tras refacerse do despiste, Xoel García comezou a acelerar facendo unha remontada espectacular, adiantando barco tras barco. Os primeiros postos volvían estar ó seu alcance. Por diante, Joaquín Iglesias do Verducido, aproveitábase desta situación metendo auga polo medio cos seus máis directos rivais. Por detrás de Xoel, Pachón e Ángel facían o propio, intentado recuperar posicións para optar a prazas de podio, pero era Xoel o que mellor o tiña. Na última recta, co primeiro posto de Joaquín inalcanzable, Xoel apertou os dentes e baleirouse para cazar a Diego Rey do As Torres que transitaba terceiro. A cen metros da meta Xoel deu caza a Diego Rey e situouse terceiro, pero xa sen posibilidades de cazar ao segundo. Joaquín entrou vencedor en meta, parando o crono en 12:12,40 e levándose a medalla de ouro. Vinte segundos máis tarde entrou o seu compañeiro de equipo Gabriel Saavedra en segundo lugar facéndose coa medalla de prata. 26 segundos máis tarde, tras unha memorable remontada entraba Xoel García facéndose coa medalla de bronce, parando o crono en 12:38,62 só 6 segundos por detrás do segundo clasificado.
Finalmente, Xoel non puido revalidar o seu título pero, grazas a unha regata espectacular, digna de recordar de principio a fin, conseguía subirse ó terceiro caixón do podio para colgarse o bronce do Campionato Galego infantil A K1 2015.






















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
