Viveiro, 7 de xullo de 2015.- O Grupo Municipal do BNG en Viveiro vén de presentar este martes no rexistro do Concello a seguinte pregunta:
Veciñas e veciños da zona de Verxeles e da zona de Magazos sufriron tres cortes de auga nos últimos dez días, algún deles de varias horas.
¿A que se debe esta situación? ¿Cales foron as medidas adoptadas polo goberno municipal para solucionar de inmediato esta situación?