Ribadeo, 3 de xullo de 2015. Ata o 30 de setembro todos os días da semana Ribadeo contará co servizo de tren turístico-cultural, que funcionará desde as dez da mañá ata as nove da noite. A iniciativa foi presentada esta mañá polo alcalde, Fernando Suárez, pola concelleira de Turismo, Ana Martínez, e pola responsable do servizo, Vega García.
O rexedor dixo que “aproveitando todo este tirón turístico que está a ter Ribadeo, no seu conxunto nestes últimos anos, Ribadeo polo cultural, Ribadeo polas praias, Ribadeo polo casco histórico, Ribadeo polos servizos, pola gastronomía… como dicimos na nosa campaña Ribadeoxquesí, queremos presentar outra nova iniciativa. Neste caso trátase dun tren turístico-cultural, como é a empresa que o vai rexir durante este verán de 2015. Funcionará no ámbito urbano pensando en que será un servizo moi demandado entre os miles de persoas que chegan ano tras ano a Ribadeo e os veciños e as veciñas de Ribadeo vano ver desde esta tarde indo polas principais rúas da vila, vendo os edificios históricos, os lugares emblemáticos e todas aquelas reseñas históricas, turísticas e culturais que ten o noso concello”.
Suárez Barcia explicou que “o tren turístico-cultural é unha iniciativa dunha empresa especializada en rutas de turismo náutico na ría de Ribadeo e agora, a parte do que xa leva, imos probar con esta iniciativa de tren turístico, que esperemos que teña moitos visitantes, e tamén os veciños e veciñas de Ribadeo cos máis pequenos aproveitarán para dar unha voltiña neste tren turístico, que ten unha locomotora e dous vagóns”.
Vega García, a responsable do servizo, contou que “la idea surgió porque tenemos un barco turístico y vemos que hay mucha demanda de actividades. Es para todos los públicos. Hacemos un recorrido que pasa por muchas zonas emblemáticas de Ribadeo: casco urbano, casco antiguo, zona portuaria hasta la isla Pancha y la zona comercial”.
A duración aproximada do traxecto será de 40 minutos. Os prezos para nen@s a partir de 12 de anos e adultos será de 5 euros; @s nen@s de 3 a 12 anos pagarán 4 anos e os menores de 3 anos viaxarán no tren turístico de xeito gratuíto. O horario de funcionamento será de 10 da mañá a 21 horas todos os días ata o 30 de setembro. A saída estará situada fronte á Oficina de Turismo de Ribadeo.





















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



