Ribadeo, 16 de agosto de 2015. As actividades da 25ª Semana Náutica Ría de Ribadeo foron clausuradas este sábado coa entrega de premios das competicións celebradas desde o pasado día 6. No acto participaron a alcaldesa de Ribadeo en funcións, Ana Martínez; o deputado provincial responsable do Área de Deportes, José Manuel Yanes Ginzo; o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo, Francisco Iriarte; a subdirectora de Abanca en Ribadeo, María Jesús Vizcaíno; o presidente e o secretario do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña e Fermín Rodríguez; e a nena Marina Felgueroso Pelegrín, neta de Alberto Pelegrín, que foi un dos fundadores do Club Náutico ribadense.
Logo da entrega dos premios Ramón Acuña tivo unha breve intervención na que se mostrou “verdaderamente satisfecho de lo que ha pasado en esta Semana Náutica: hemos tenido mal tiempo, como tiene que ser en una regata que se precie; hemos tenido poco viento en muchas ocasiones, en la mayoría; hemos tenido algún que otro incidente; hemos tenido que suspender una regata por falta de viento; y hemos tenido, en el aspecto positivo, aumento de la flota, porque el número mínimo en las regatas han sido de 8 embarcaciones y llegamos un día tener 14 e incluso hubo 15 en las de los niños, que nos están dando un ejemplo de lo que tiene que ser la vela, porque están poniendo un gran esfuerzo. Los niños son el futuro y nosotros estamos volcados en ellos. Estamos haciendo una gran labor de información en los colegios para intentar que este invierno los niños bajen a conocer el mar; nuestro objetivo es conseguirlo”.
O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo engadiu: “me siento feliz de ver esta sala llena, estoy muy satisfecho de esta Semana Náutica, que ha salido muy bien. Y además ayer hemos tenido una asamblea que, después de muchos años, ha sido un modelo de convivencia, que es lo importante. Hemos conseguido algunas cosas necesarias para el Club Náutico que están a disposición de todos los socios. Yo creo que no se puede ser muy ambicioso, pero tampoco se puede perder la ambición, porque en ella está el futuro; en una ambición que sea medida, que no sea descomunal, que sea coherente. Creo que poco a poco lo importante es que el club vaya siendo una parte integrante de todos nosotros, porque el club no es de nadie, es de todos nosotros, todos tenemos cabida en él y todos debemos colaborar para que vaya a más, poniendo cada uno lo que pueda en la medida de sus posibilidades: colaboración, opiniones e incluso las críticas, que son constructivas si uno las sabe recibir como tal. Debe de ser por mi talante que recibo incluso las críticas de buena fe, porque creo que el que hace una crítica es porque así lo siente”.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
