O día 20, inaugúrase a XXX Feira do Libro de Foz. En 1986 iniciábase a exitosa andaina anual no eido da promoción da cultura, como o é toda iniciativa dirixida a potenciar a lectura, porque, como alguén dixo; “non é analfabeto o que non sabe ler, senon o que sabendo, non le”. Nacía así o certame focego coa incertidume e as dúbidas do futuro que lle esperaba; un temor que non era infundado, pois localidades de maior entidade e tradición cultural non foron quen de mantelas e algunhas sobreviven a trancas e barrancas, Non foi éste o caso que, de contado consolidouse, para erixirse na mais prestixiosa, e lonxeva, das que se celebran nas vilas da nosa terra”. Naquela primeira ocasión fora pregoeiro un xove Ramón Pernas, recoñecido escritor viveirés, á sazón director da Editorial Espasa-Calpe; Ramón Villares, Decano da Facultade de Historia de Santiago, do que Alianza Editorial acababa de publicar “Historia de Galicia”, falando acerca da mesma; Jorge Víctor Sueiro, redactor-xefe de TVE, gastrónomo que, en amena charla referírase, á cociña galega; Isaac Díaz Pardo, entón director de Sargadelos, disertara sobre Castelao e a guerra civil e o xornalista e escritor don Xosé Trapero Pardo, o fixera encol do Mariscal Pardo de Cela. A Feira de 1994 tivera de pregoeiro ó insigne Xosé Neira Vilas, autor do libro mais lido da literatura galega: “Memorias dun neno labrego”. Ao pouco chegounos carta súa na que decía:”Volvín contento de Foz. Había moita xente na inauguración, firmei moitos libros e recibín moi cordiais atencións. Teño estado este ano en varias feiras e a de Foz foi a mais concurrida, mais incluso que as de Santiago e Ferrol, no acto da ceremonia inaugural. Libros, sí, firmo bastantes sempre, pero tendo en conta o volumen da vila e a poboación, en realidade foron moitos os que me puxeron diante. Todo, pois moi alentador, moi estimulante, e quería decircho directamente. A experiencia resultou francamente fermosa”. Trinta anos sen faltar un à cita e todo un record. ¿E o futuro?: como sempre, unha icógnita…
Suso Fernández


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



