Burela, 26 de agosto de 2015.- A actriz Belinda Washington asistirá á inauguración da I Feira do Libro de Burela o próximo sábado, 29 de agosto, ás 12:30 horas para apoiar esta nova iniciativa cultural na Mariña. Anunciouno o concelleiro de Cultura, José Díaz, que agradece a presenza da actriz e presentadora así como “su apoyo constante y desinteresado a la cultura de esta comarca por la que siente predilección y en la que pasa largas temporadas, ya que desde hace años cuenta con casa en Trabada”.
A esa hora ás 12:30 do sábado terá lugar tamén a lectura do pregón a cargo de Marta Sanz, novelista e poeta, finalista do premio Nadal, galardoada cos premios Tigre Juan e Ollo Crítico de Narrativa.
O edil socialista destacou tamén a presenza de Francisco Narla na feira o día 29, ás 19 horas, a través dun encontro con lectores. Narla é autor, entre outros libros, de Caja Negra, publicación recuperada o pasado mes de maio pola editorial Planeta. Trátase dun thriller que sorprende polas asombrosas similitudes coa traxedia aérea acontecida recentemente nos Alpes franceses.
Tamén pasará o sábado ás 18:30 horas pola I Feira do Libro de Burela Héctor Castiñeira López, autor do bestseller La vida es suero. Castiñeira é o enfermeiro español máis influínte en internet e o seu perfil Enfermera Saturada ten máis de 150.000 seguidores nas redes sociais, nas que conta o día a día dunha enfermeira que busca un oco no mundo sanitario. O seu perfil de Twitter acabou desembocando nun blog e, a finais de 2013, as súas historias cheas de humor tomaron forma de libro, La vida es suero. Está a punto de publicar con Plaza&Janés un novo libro, El tiempo entre suturas.
Tamén acudirán á Feira do Libro burelesa, que se celebra os días 29 e 30 de agosto, Antonio Reigosa, Antonio Seijas, Paco Rivas e Alfonso Otero Regal, Ramón Reimunde, Matías Escalera, Patricia Otero, Xulio Pardo de Neyra, Rita Morrigan ou Juan J. Prieto, entre outros. Haberá actividades para os máis pequenos como obradoiros de manualidades e marcapáxinas e obradoiros literarios.
A instalación de casetas comezou xa na praza da Mariña “esperamos que el viento se calme estos días y que no nos ocasiones problemas, como los ocurridos el pasado domingo en Foz”.
José Díaz, o concelleiro de Cultura, xa pensa na segunda edición da Feira do Libro de Burela: “de cara al próximo año tendremos que analizar la posibilidad de ampliar fechas. Estaría bien que la feria del libro se celebrase durante el viernes, el sábado y el domingo”.





















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



