Ribadeo, 8 de agosto de 2015.- O concerto a cargo da sección de percusión da Banda Municipal de Música de Ribadeo xunto co grupo Calabash, que abriu este venres á noite o ciclo Agosto Musical organizado pola asociación Amadores da Música, entusiasmou ao público que abarrotou o Cine Teatro e incluso moitos dos espectadores acabaron bailando coas pezas que interpretaron a vintena de percusionistas que actuaron. Entre eles houbo un debutante nesta formación, o neno de 12 anos Iván García Moreda.
Dirixidos por Marcos Rodríguez Rodríguez, Calabash e a sección de percusión da Banda ribadense ofreceron varias pezas de música latina, pero tamén se atreveron con obras doutro tipo e incluso interpretaron unha de rock: Jump, de Van Halen. Todo isto despois de empezar o concerto de maneira espectacular coa interpretación da obra Short Circuits, de Lalo Davila, utilizando baquetas luminosas coa sala ás escuras.
O seguinte concerto do ciclo Agosto Musical será o vindeiro venres, día 14, ás 22:30 horas nas inmediacións do parque de San Francisco e correrá a cargo da sección de vento madeira da Banda Municipal de Música de Ribadeo xunto co grupo Clarinet Connection, coa dirección de David Ballester Martínez.






















Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



