Ribadeo, 27 de agosto de 2015. Polo IV Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que se celebra en Ribadeo, pasou este xoves José Antonio López, xefe de servizo de SEPIE, a axencia nacional de xestión do programa Erasmus+. López Álvarez destacou que este ano se aprobaron en España 307 proxectos de mobilidade, que implicarán que tanto alumnos como profesores visiten outros países durante o curso 2015/2016 para completar a súa formación, e 39 proxectos de cooperación con outros centros e entidades, que son coordinados por entidades españolas.
O xefe de servizo de SEPIE expuxo na súa intervención acciones clave e posibilidades no sector da FP: “hemos hablado de las diferentes acciones clave que tiene el programa, las posibilidades de financiación que hay para entidades que quieren hacer proyectos de cooperación europea, para no solamente mandar alumnos, que es la acción de movilidad más conocida del programa, sino que también existen otras posibilidades: hacer proyectos de cooperación con otras entidades, desarrollar materiales didácticos o productos de otro tipo de forma conjunta con otros países”.
José Antonio López Álvarez destacou que “en España estos programas tienen muchísima demanda, no podemos financiar todos los proyectos aprobados, el proceso es bastante competitivo, pero en la convocatoria de este año han salido aprobados 307 proyectos de movilidad en todo el país, de centros que van a mandar alumnos o profesores fuera. Y también tenemos 39 proyectos solamente en el sector de Formación Profesional de centros que han coordinado iniciativas de cooperación”.
O profesorado que viaxa a outros países “descubre que hay mucho que aprender de otros países, pero también que muchas veces las cosas se hacen en España mucho mejor de lo que nosotros pensamos. Siempre cambia la perspectiva que tienen los profesores respecto a su trabajo: ven lo que se hace fuera, lo que se hace mejor y también lo que se hace igual de bien aquí. Y luego para el centro estos profesores son embajadores del programa para sus compañeros, que se vuelven mucho más dinámicos”.
Esta tarde será APAGA, a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, a que presente os resultados do proxecto de mobilidade “Aprender a aprender na FP”, que os levou a viaxar a Italia, Alemania e á República Checa. Será ás 19.30 horas. E xa pola noite celebrarase a asemblea xeral anual do colectivo.
O IV Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos concluirá este venres 28 de agosto. Nesa xornada falarase de tecnoloxía futura no presente, de Citröen como marca ao longo da historia e de motorizacións PureTech.
Xa o sábado e o domingo terá lugar a III Mostra de Vehículos Clásicos, nos xardíns do hotel O Cabazo.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



