Burela, 24 de agosto de 2015. O abandono de residuos nas praias e as súas consecuencias para o medio natural centraron está mañá unha nova acción da Concellería de Medio Ambiente e do Centro de Educación Medioambiental Gaia. As monitoras de Gaia puxeron en marcha un obradoiro dirixido a nen@s e titulado Efectos do abandono de residuos nas praias, unha actividade coa que queren concienciar “da necesidade de conservar e protexer o litoral dos posibles danos que producimos abandonando os residuos despois dun día de praia, como latas, gomas de mascar, botellas e vasos de plástico ou de vidro, bolsas ou cabichas de cigarros”.
Desde Gaia explican que “o obradoiro fíxose a través dun xogo no que os rapaces tiveron que encestar unha pelota nunha canastra relacionando os anos que tardan en degradarse determinados envases, como botellas ou bolsas ou outro tipo de lixo (toalliñas, cabichas,vasos…) coas casillas que representan os anos que tarda en descompoñerse. Por exemplo, unha cabicha baixo os raios do sol pode tardar ata 300 anos en desaparecer. O filtro de acetato de celulosa e as bacterias do chan acostumadas a combater a materia orgánica non poden atacala. Se acaba no mar a contaminación é máis rápida e máis grave”.
As monitoras tamén lles explicaron aos participantes as características dos distintos tipos de residuos e a súa perigosidade para o medio ambiente en función do tempo que tardan en degradarse: “con esta actividade preténdese propiciar un comportamento respectuoso co medio ambiente mantendo as nosas praias limpas mediante o uso correcto de colectores e papeleiras”.
Os rapaces participantes recibiron a visita da concelleira Noelia Mª Ben.





















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



