Lugo, 26 de setembro de 2015.- A vicepresidenta da Deputación, Mari Teijeiro, asistiu este sábado ao primeiro encontro de mulleres con discapacidade na provincia, centrado nas temáticas de saúde e alimentación, e que se celebra na localidade de Xove.
A vicepresidenta da Deputación considera este encontro como “unha oportunidade para debater e reflexionar sobre a realidade das mulleres con discapacidade, e das mulleres no rural, factores que reforzan situacións con maiores niveis de discriminación”.
Teijeiro amosouse convencida do valor real desta iniciativa, “que transcende moito máis alá de calquera análise”, e agradeceu a labor de ACADAR, a Asociación de Mulleres Galegas con Discapacidade, que traballa pola igualdade así como a inclusión e o empoderamento, neste caso de mulleres q están nunca situación de maior vulnerabilidade.
Para a responsable de Benestar do ente provincial “as administracións temos un papel fundamental, traballar para derribar barreiras e lograr que a igualdade de oportunidades sexa real e efectiva, pero necesitamos do tecido asociativo e das redes de mulleres”. Nese senso, Teijeiro desexou que “este fose o primeiro de moitos encontros nos que poder compartir éxitos e avances no traballo da integración social”.
A administración provincial colabora no financiamento deste acto, organizado pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR). A presidenta da Deputación, Elena Candia, asinou o convenio regulador dunha subvención de case 5.000 euros coa responsable de ACADAR, Mónica Álvarez, para sufragar os gastos deste programa posto en marcha pola entidade.
Proxecto Nos+Otras: en Red
Durante o encontro en Xove, tamén se presentou o proxecto que pon en marcha a Rede Museística Provincial e o Museo Thyssen, baixo o nome de Nos+Otras: en Red. Este proxecto conta coa participación de numerosos artistas, colectivos e asociacións de mulleres, así como educadoras e educadores de museos de diferentes países, traballando en común para facer do museo un espazo de creación feminina. A partir de talleres de artistas traballarase para xerar propostas en diferentes formatos que se recollerán nunha exposición final. O obxectivo é o de crear un espazo permanente no que traballar e reflexionar sobre cuestións de xénero, educación en valores, campañas contra o maltrato e programas de diálogo intercultural e interrelixioso.






















Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



