Lugo, 14 de setembro de 2015.- A Deputación de Lugo colabora coa Fundación Secretariado Xitano no pulo da promoción educativa desta comunidade en todos os niveis e en todas as idades, poñendo especial énfase naquelas etapas que están a resultar máis dificultosas, como é o caso da Educación Secundaria.
Así o puxo de manifesto a presidenta da institución, Elena Candia, tras a sinatura do convenio regulador da subvención que lle outorga á Fundación por un importe de 10.000 euros. Neste acto de firma estivo presente a responsable de Benestar da Deputación, Mari Teijeiro, e a representante da Fundación, Eva Vera.
Esta axuda económica diríxese a colaborar co Programa Promociona que ten por obxectivo “ favorecer a normalización educativa do alumnado xitano para conseguir taxas máis elevadas de éxito académico no último ciclo de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria e promover a continuidade en Estudos Medios e Superiores ou Formación Profesional”
A presidenta da Deputación defendeu a importancia desta iniciativa ao considerar que “a formación é un piar básico para o desenvolvemento das persoas e para a súa inserción laboral”, o que facilita á súa vez a inclusión social en igualdade de condicións. Polo tanto e segundo Candia este obxectivo convértese nunha prioridade de cara a favorecer ao máximo posible a inserción das persoas xitanas.
A responsable da Deputación tamén quixo agradecer á representante da Fundación Secretariado Xitano, Eva Vera, o traballo que está a desenvolver esta entidade social intercultural sen ánimo de lucro de cara a promoción integral da comunidade xitana, coa finalidade de promover o acceso das persoas xitanas aos dereitos, servizos, bens e recursos sociais en igualdade de condicións ao resto dos cidadáns.
Por último, Candia recordou que, dende o primeiro momento, a prioridade deste novo goberno é o benestar. Así, a implicación cos maiores e coas persoas dependentes demóstrase a través dun maior financiamento para servizos básicos como son a axuda no fogar e a teleasistencia domiciliaria. Asemade, o compromiso do novo goberno cos colectivos sociais vese no interese desta institución por coñecer as necesidades do terceiro sector na provincia e estudar as diferentes vías de apoio ás entidades.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



