Lugo, 05 de setembro de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, anunciou este sábado que o Organismo provincial está estudando fórmulas de apoio e axuda para todos aqueles municipios e entidades sociais que decidan colaborar na acollida de refuxiados.
Consciente da realidade e da dura situación que están vivindo estas persoas, Elena Candia avanzou que pon a disposición do Goberno Central e Galego, a mellor actitude para, dentro das súas posibilidades, ofrecer os recursos necesarios das que dispón o Ente Provincial para apoiar nesta labor humanitaria e seguindo unha estratexia de traballo conxunta.
“A Deputación de Lugo non vai escatimar esforzos ”- adiantou Candia, quen engadiu que esta dramática realidade precisa dunha actuación conxunta, que debe ir planificada, e insistiu na importancia de sumar esforzos dende as Institucións para devolverlle a estas persoas a dignidade que lles corresponde como tales.