Burela, 18 de setembro de 2015.- As Supercampionas de España estrean a competición ligueira en Vista Alegre ante o recentemente ascendido a Primeira División, Elche CF. O duelo dispútase o sábado día 19, a partir das 20.00 horas. O club ilicitano súmase á filosofía laranxa do deporte en igualdade xa que o Elche CF estréase esta tempada cos seus equipos masculino e feminino na máxima categoría estatal do Fútbol Sala. Podes ver en directo o encontro vía streaming con Pasión Media Comunicación www.pasionmc.com
Vista Alegre recibirá a Supercopa de España, recientemente conquistada pola escuadra dirixida por Iván Cao “Lucas”, e inaugura a Liga cun duelo de contrastes. O CD Burela FS Pescados Rubén afronta a nova tempada coa mentalidade de conquistar o maior número de títulos posibles mentres que o Elche CF buscará a permanencia como meta inicial. Malia a súa condición de novatas na categoría, as ilicitanas contan con xogadoras contrastadas e de experiencia en Primeira División, ademais da súa adestradora Maravillas Sansano, referente no Futbol Sala feminino.
O técnico burelao, Iván Cao, espera que o seu equipo comece a competición ligueira “coa mesma mentalidade que afrontamos a Supercopa. Desde a xornada inicial a Liga está en xogo e queremos comezar cunha vitoria. Sabemos que en fronte está un equipo cunha boa mestura de mocidade e experiencia e que ten a ilusión do debutante pero non debemos pecar de exceso de confianza. Chegamos ao partido con algunhas baixas e xogadoras tocadas pero temos que facerlles notar o cambio de categoría. Debemos impoñer o noso ritmo de xogo e xogar con máxima concentración e esforzo”.
Convocatoria
CD Burela FS Pescados Rubén: 1.Jozi 5. Claudia 7. Peque 8. Emma 9. Gaby 11. Ceci 13. Andrea 14. Bea Mateos 15. Judith 17. Maite 31. Eva
Dúbidas: Claudia e Bea Mateos entran na convocatoria pero a súa participación é dubidosa debido a diversas molestias.
Baixas: 10. Lara, por lesión (forte contractura no cuadricéps dereito); 18. Shio, por compromisos coa selección xaponesa.






















A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
