Xove, 3 de setembro, 2026. Xove clausura mañá venres, 4 de setembro, o programa Xove Concilia Verán, un servizo municipal que estivo activo desde o primeiro día das vacacións escolares, o 22 de xuño, ofrecendo apoio ás familias con necesidades de conciliación da vida laboral e familiar. A cargo de varias monitoras especializadas, organizáronse campamentos con xogos, actividades lúdicas e culturais, ademais de diversas excursións á praia e a outros lugares de interese do municipio.
No Xove Concilia Verán participaron máis de 60 nenas e nenos de entre 3 e 10 anos, en horario de 8:45 a 14:00 horas, atendendo as necesidades de 57 familias que precisaron apoio para conciliar ao longo de todo o período estival.
O servizo está xestionado pola empresa Sonaga Gestión S.L. e cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdad.
Onte, 2 de setembro, o alcalde e a concelleira de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade reuníronse cos participantes para agradecerlles a súa implicación e facerlles entrega dun agasallo de despedida.
O Xove Concilia conclúe ata a súa edición de Nadal, pero os servizos municipais de conciliación continuarán coa chegada do curso escolar. A área de Muller e Políticas de Igualdade manterá os recursos destinados a apoiar ás familias durante todo o ano. Entre eles destaca o «Xovesperta», o programa de Madrugadores, cuxa inscrición está aberta para as familias do CEIPP Pedro Caselles Rollán que precisen apoio antes do inicio da xornada escolar.
Desde o Concello de Xove agradecen a participación e a confianza das familias no Xove Concilia Verán 2026, así como o labor da coordinadora e das monitoras que fixeron posible a programación estival.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



