Foz, 29 de setembro de 2015.- O grupo Municipal de “Foz, Plataforma de Futuro” ven de solicitarlle ó Alcalde de Foz no pasado Pleno Municipal do 24 de septembro a través de tres rogos que actúe nos seguintes lugares do noso Concello para solucionar os problemas que alí se producen.
Rog á moslle ó Alcalde de Foz e o seu equipo de goberno proceda á limpeza integral da Rua Pasadoiro (calexón que vai dende a Avda. da Mariña ata Rúa Paco Maañón), xa que se encontra nun estado de abandono tanto pola suciedade que hai no chan como pola cantidade de maleza das beiras.
A continuación tamén se lle pide ó Alcalde do noso Concello e mais ó seu equipo de goberno proceda a reparar ou substituir a bomba de residuais que se encontra nos servicios da Praia de Llas, que nos últimos anos leva estropeada, así evitaríamos un gasto de diñeiro innecesario como se está producindo nos últimos tempos traendo un camión para vaciar a fosa séptica.
E por último rogamoslle ó Alcalde de Foz e ó seu equipo de goberno proceda a realizar as xestións oportunas para a obra de substitución da canalización da tubería de auga municipal no barrio da subida a Ribela, en Cangas, unha tubería de auga de mais de 30 anos e que nos últimos tempos está a romper moi a menudo, co perxuizo que iso supón para os veciños desta parte de Cangas con continuas faltas de auga e os desperfectos que supón a reparación de ditas avarías na estrada.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



