Lourenzá, 29 de setembro de 2015.– Rematando setembro, a Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” presenta a ruta do mes de outubro. Nesta ocasión volven desprazarse á veciña Comunidade Asturiana, para, en pleno Parque Natural de Redes, realizar a ruta do “Desfiladero de los Arrudos” (PR.AS-61).
Trátase dun percorrido lineal, de 11 kms e dificultade media-baixa, que os levará de Caleao a La Fontona, con regreso a Caleao. Tendo en conta as características do entorno, recomendan levar botas e bastóns.
Esta andaina será o domingo, 11 de outubro, e a saída de Lourenzá está prevista para as 7 da mañá. No prezo (de 35€ para socios e 40€ para non socios) inclúese o transporte en autobús, así como a comida, que realizarán nun restaurante da zona a base de menú típicamente asturiano.
O prazo para anotarse remata o xoves, 8 de outubro. Para as inscricións poñen a disposición dous números de teléfono: 636 49 64 48 (Marifé) ou 636 67 95 12 (Pepe); así como o correo da Asociación: terrasdelourenza@gmail.com





















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



