Bruxelas, 9 de setembro de 2015.- A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, reiterou na mañá deste mércores en Estrasburgo o apoio e solidariedade ás mobilizacións que o sector leiteiro está a levar adiante na Galiza.
Senra, que aproveitou as dúas quendas de intervención concedidas durante a sesión plenaria desta semana para lembrar as mobilizacións do sector e reiterar a esixencia dunha nova política leiteira europea, criticou contundentemente “a situación á que nos conduciron as medidas tomadas dende a UE, nomeadamente a aplicación do paquete lácteo, o abandono da política pública leiteira e a conseguinte liberalización do sector”, decisións políticas que “deixan aos produtores/as de leite totalmente nas mans das industrias e da gran distribución”.
A estas alturas, sinalou, “todo o mundo é consciente de que o paquete lácteo foi un fracaso, pero nin o Partido Popular nin o Partido Socialista están dispostos a recoñecelo nin a reconducir a situación”.
Senra reiterou a esixencia de fixación de mecanismos “que garantan que en todo momento o leite vai ter un prezo mínimo que cubra custos e remunere o traballo”. Unha proposta que propón complementar ca evolución cara un novo modelo produtivo “en base á terra, aos pastos e aos forraxes que podemos producir no noso país e no conxunto da UE”.
Senra cuestionou o actual modelo produtivo por estar baseado na importación de soia e cereais doutros países, un sistema que provoca “a ruína das produtoras/es da UE debido á xeración de excedentes que nos inducen a vender o leite máis barato e, por outra parte, que facilita que este leite desvalorizado economicamente sexa redirixido aos mercados internacionais arruinando a produtoras/es coma nós noutras partes do mundo”. Canda esta reorientación de modelo, a eurodeputada de AGEe plantexou como medida complementaria a distribución do dereito a producir “que permita que haxa moitas explotacións traballando e vivindo da produción de leite no noso país e en todo o territorio da UE, sendo parte fundamental dun mundo rural verdadeiramente vivo”.
Unha vez máis, dende AGEe sinalamos como imprescindíbel “voltar a medidas de control de produción para poñer fin a esta crise, e que no futuro os produtores e produtoras de leite podan traballar dunha maneira estable e segura tendo claro que van percibir un prezo xusto polo seu traballo.”



















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



