Burela, 20 de setembro de 2015.- Este sábado, atendendo a petición do Concello, e dentro da Semana da Mobilidade, A Asociación de Sendeirismo Pasada das Cabras organizou unha camiñada por lugares de interese dentro de Burela.
Foi unha pequena ruta duns 5 km. que iniciaron na praza do Concello e, seguindo polo paseo marítimo ata o Camiño do Lamón, levounos ata o Castrillón e “as tetas da Vinculeira”, zona onde se atopou o símbolo de Burela, o torques. Continuaron ata A Casilla e desde alí, tras cruzar a estrada, visitaron os castiñeiros centenarios na Fonte da Lamela e subiron ata a Igrexa da Vila do Medio, para retornar finalmente á praza do Concello.
Un paseo de hora e media que non só serviu para aprender a moverse sen coche senón que, recibindo unha didáctica explicación de Carlos e Angelines, aprenderon a localizar as verdadeiras “tetas da Vinculeira, ou de Elisa”, xa que moitos dos participantes crian que eran as grandes rocas que se ven desde o paseo, que en realidade son a Pena Guieira, e non é asi, xa que son dous montículos con bastante vexetación que se atopan á beira das anteriores.