Burela, 5 de setembro de 2015.- Convidados polo Grupo Literario “Leiras Pulpeiro”, os membros da Asociación de Sendeirismo Pasada das Cabras de Burela desprazáronse este sábado a Mondoñedo para realizar o Roteiro Leiras Pulpeiro.
Iniciouse a ruta no Centro Cultural de Alcántara, onde recibiron unha extensa explicación da vida e obra dos mindonienses mais sobresaínte como Cunqueiro, Pascual Veiga, ou o propio Leiras Pulpeiro, entre outros. A continuación visitaron lugares vinculados á biografía do poeta e médico mindoniense, escenarios da súa obra como a Pena do Unto, O Couto, ou o Dolmen da Recadeira e espazos naturais como A Fervenza, entre outros lugares de interese histórico, etnográfico e cultural.
O percorrido pola cidade de Mondoñedo finalizou ante a tumba do poeta, onde se depositaron tres rosas vermellas.
A esta ruta acompañáronos a presidenta da Deputación, Elena Candia e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, ademáis de membros de destacadas asociacións relacionadas coa vida cultural mindoniense, aos que desde Pasada das Cabras agradecen a iniciativa para dar a coñecer esta interesante ruta á asociación.