A Agrupación Cultural Francisco Lanza retoma as reunións do seu club de lectura neste mes de novembro. A obra elixida recibiu un dos premios máis prestixioso das nosas letras, o Blanco Amor de novela, neste caso de 2014.
Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo incardina as vidas particulares das personaxes co decorrer da cidade de Vigo ao longo do século pasado, converténdoa case na protagonista principal. A Agrupación quere aproveitar a visita do escritor para o comentario da obra e é por iso que xa pon a disposición das persoas interesadas varios exemplares depositados na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho de Ribadeo. A xuntanza-presentación vai ter lugar na Casa das Letras o vindeiro 20 de novembro ás 20.30 horas.





















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



