Burela, 2 de outubro de 2015.- O centro de saúde de Burela e o CEIP Virxe do Carme acollen unha exposición sobre os dereitos dos nenos e nenas. É unha iniciativa da Concellería de Inmigración e Cooperación en colaboración coa ong Educo.
A concelleira Angélica Gómez Sánchez anunciou este venres que “o Programa de Atención a inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación do Concello de Burela e en colaboración coa ong Educo, de cooperación e educación para a infancia, queremos divulgar e sensibilizar á poboación sobre a realidade social do mundo que nos rodea. Grazas á axuda das diferentes ongs podemos dar a coñecer distintas visións sobre o desenvolvemento socioeconómico e a grande diversidade de situacións que se dan no mundo actual”.
Ángélica Gómez engadiu que “eliximos a exposición titulada Os dereitos das nenas e nenos, un conxunto de 9 paneis que presentan cada un dos dereitos básicos que teñen tódolos nenos e nenas: igualdade, ter un nome e nacionalidade, medrar en familia, recibir atención médica, educación, ocio e cultura, expresar opinión e que lle sexa escoitada e a participar nas decisións que lles afectan. Esta mostra vai estar no centro de saúde ata o día 14 deste mes de outubro e no CEIP Virxe do Carme dende esa data ata o 30 de outubro. Queremos agradecerlles aos centros interesados nesta iniciativa a súa implicación e colaboración con nós”.


















A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



