Burela, a 17 de outubro de 2015.- “O proceso de selección dos catro profesores da Escola de Música desminte ó concelleiro de Educación, e déixao nunha situación de absoluta falla de credibilidade”, afirma o Grupo Municipal Popular (GMP), que considera que “se levou a cabo un único procedemento que puido ter comenzado bastante antes, se se nos apura moito, o mesmo día un de setembro”.
Segundo o GMP, “o profesor da Escola que aprobou a oposición de Educación aprobouna en xullo, co que houbo tempo de sobra durante todo o verán para falar con el; o concelleiro delegado non debeu ter moito tempo para falar co profesor indicado, e eso que conta con dedicación parcial. Polo tanto, o proceso de selección do profesorado puido ter comenzado con tempo suficiente para comenzar as clases na derradeira semana de setembro, e compre lembrar que a súa duración estimada é de tres semanas”.
O GMP afirma que “o procedemento de selección dos catro postos de profesores dos instrumentos de clarinete/saxo, flauta, oboe e guitarra, iniciouse coa aprobación das bases o día nove de setembro. Os exames foron todos o día nove de outubro, é decir, un mes despóis, o que demostra que o concelleiro delegado de Educación non estivo moito ó tanto do procedemento. Ademáis, o feito de que os exames fosen o mesmo día demostra que eso de que ‘el profesor de saxo se incorpora ahora’ é rotundamente falso: todos se incorporan agora. E todos, os catro, se incorporan agora, porque todos, os catro, asinan o contrato o día catorce, o día antes de comenzar as clases”.
“Entendemos que esta información debe ser coñecida polos pais e nais, que teñen todo o dereito a saber que o retraso non se debe a que se quixera que todos os alumnos comenzaran xuntos; outros anos teñen comenzado uns alumnos primeiro e outros uns días máis tarde e non pasou nunca nada. O que acontece neste caso é que o procedemento para a contratación dos catro novos profesores foi todo un e non houbo incorporacións nin previas nin posteriores, son todas ó mesmo tempo”, aseguran desde o GMP.
Para o GMP, “a nota de prensa do concelleiro de Educación, independientemente dos desbarres contra o PP que non veñen ó caso, porque o que se está xulgando agora é a súa xestión e non outra, demostra que este señor debe sopesar con calma o seu papel como concelleiro. Cando se teñen que dar explicacións, deben darse con total claridade, e non escudarse nunha persoa que aproba unha oposición de Educación, alegar que se incorpora agora un profesor cando o procedemento para a contratación dos catro profesores é todo un. E moito menos escudarse na dirección da Escola de Música para que lle saquen as castañas do lume”.
En relación coa nota da Dirección da Escola de Música, o GMP afirma que “nós apoiamos antes e agora o modelo de Escola que estaba en marcha, e non entramos a valorar a nota de prensa xa que é un técnico quen a envía e non un político, ainda que se nota á distancia quen inspira tal nota de prensa, que non é outro co propio concelleiro”.
“Pero o que sí decimos é que a forma de proceder do concelleiro de Educación é unha demostración de cobardía política e de patetismo xa que pón como escudo á Dirección da Escola, cando aquí non se están a discutir cuestións técnicas, de que se un profesor tén unha titulación ou non, por exemplo, senón cuestións que teñen que ver coa toma de decisións políticas, e que sobre de todo cando hai un debate aberto entre políticos”, aseguran desde o Grupo Municipal Popular.
O GMP remata asegurando que “toda esta forma de proceder, lamentable e penosa, demostra que este concelleiro de Educación non tén ningúna credibilidade a partires de agora, e todo o que diga será posto en cuarentena”.