Barreiros, 1 de outubro de 2015.- O conxunto barreirense non acadou ningún punto trala disputa das dúas primeiras xornadas da Liga Galega Norte de fútbol sala. Os de Andrés López caeron derrotados na cancha do KFM Motorsport de Culleredo na primeira xornada e o fin de semana pasada non foron capacer de acadar a victoria ante o Concello de Begonte, a pesar de adiantarse no marcador o resultado final foi un 3-5 favorable ós visitantes.
O Praias de Barreiros centráse ahora no desafío do próximo sábado (16:30 horas) ante o Concello de Arzúa, un conxunto que descansou na primeira xornada e que na segunda se impuxo pola mínima (4-5) na pista do Europizarras Fonsagrada.
Para este encontro Andrés López seguirá sen poder contar con Sergio e Miguel, dúas importantes baixas por lesión que se están facendo notar neste inicio de campaña.
Os interesados en viaxar co equipo a Arzúa poderano facer de maneira totalmente gratuita, para reservar plaza tan só deben poñerse en contacto con algún dos membros da directiva do Praias de Barreiros.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
