Foz, 13 de outubro de 2015.- O Partido Socialista de Foz quere denunciar a desinformación que segue ostentando o equipo de goberno, especialmente o alcalde, que nin está nin se lle espera respecto das recentes actuacións do catastro.
Atopamos situacións diferentes:
-Aumento do 12% da valoración catastral, base para a liquidación de impostos municipais, entre eles non só o IBI se non tamén a Plusvalía, solicitada polo Sr Alcalde en 2013, 2014 e 2015, a aplicar os anos 2014, 2015 e 2016 . Isto significa que en tres anos, a base sobre a que se liquidan estes impostos (e todos os relacionados co propiedade) sube ata un 40%
-Publicación da Ponencia Parcial de 2014, solicitada unilateralmente polo Alcalde, en pleno proceso de redacción do Planeamento. Non podemos esquecer que no seu programa municipal levaba que o PXOM estaba o 80% de redacción.
Ponencia para a que seguimos esperando o técnico do catastro que resposte as dubidas e aclaracións dos nosos veciños, pese a saír aprobado por maioría en pleno a súa solicitude o catastro.
Ponencia cuxos valores entraron en vigor o 1 de xaneiro de 2015 e sobre os cales se liquida o imposto de bens inmobles deste … .Máis a subida do 12% que nos regala o señor alcalde.
Ponencia que sigue dando os seus coletazos:
Faltan por chegar as actualizacións de valores nas fincas que pasan a rústica…moito nos apuramos no que subía, para recadar máis…e pouco para o que baixa que seguen estando os expedientes abertos e sen notificar os propietarios.
As contestacions recibidas as alegacions presentadas en 2014 son fundamentalmente desestimatorias, obrigando os propietarios a seguir os trámites das reclamacións economico-administrativas co conseguinte gasto. Sen que por elo se suspendera a entrada en vigor do valor que se discute, posto que se procede o cobro do IBI sobre do mesmo.
-A actual Regularización Catastral, da que están a chegar abundantes notificacións, é, en moitos casos, un imposto revolucionario (a taxa é de pago obrigatorio … logo xa veremos si se devolve se algo está mal feito) e noutros non reflicte a realidade cando iso é o que se pretende e polo que se dí se cobra. Regularización da que este alcalde tampouco deu conta nin información algunha os seus veciños.
Como vemos nin sobre as recentes cartas chegadas dende o catastro, nin sobre as notificadas anteriormente, se manifestou este noso señor alcalde, só par dicir que o noso Concello está saneado…. Como non vai estalo????? Si o sanea a conta dos focenses.



















O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



