Foz a 19 de Outubro do 2015.- Reunida a executiva local e o grupo municipal do Partido Socialista de Foz, para estudar a proposta de ubicación dunha nova depuradora en Forxán, nos límites das parroquias de San Martiño e Fazouro, queremos facer públicas as seguintes consideracións:
1.- O PSdeG de Foz quere resolver o tema da depuradora de Foz, os cheiros, o mal funcionamento da mesma e a contaminación de ría de Foz. Pode haber quen estea tan interesado como nós en resolver este tema, pero non máis.
2.- O PSdeG de Foz non está detrás de ningún veciño que poida mostrar desencanto coa devandita ubicación, como alguén se encargou de dicir. O PSdeG de Foz respecta a opinión de todos e cada un dos veciños, neste e en todos os temas.
En todo caso, o PSdeG de Foz, quere reunirse cos veciños de Forxan e de Fazouro para coñecer de primeira man a súa opinión ao respecto desta cuestión.
3.- Queremos saber si neses terreos é posible facer esa infraestrutura. Eses terreos están catalogados como “solo rústico de especial protección agropecuaria”. E queremos saber si con esa calificación é posible facer unha depuradora, ou si ten que ser dotacional. Tamén queremos saber si está modificación é posible e o tempo estimado en levar a cabo este cambio de calificación.
4.- Desexamos saber si existe a dispoñibilidade destes terreos, ou si hai que acudir a unha expropiación.
5.- Pedimos que, por parte dos técnicos municipais, se faga un anteproxecto de viabilidade da localización proposta; e solicitar ás administracións afectadas (Xunta, Feve, Fomento, Costas, Medio Ambiente, etc) que informen da viabilidade.
6.- Necesitamos coñecer unha valoración económica do que resulte da ubicación proposta, necesaria para comparar coas ubicacións xa coñecidas.
7.- Para nós esta proposta de ubicación é como calquera outra. Debe ser valorada e estudada convenientemente dende diversos aspectos: técnico, económico, ambiental, etc. E sendo serios, non podemos, nin queremos manifestarnos ata ter a información necesaria para tomar unha decisión.
8.- Toda vez, que no mellor dos casos a construción e posta en marcha da nova depuradora vai levar varios anos, queremos saber que medidas e melloras se van a levar a cabo na depuradora actual do porto de Foz para mellorar o seu funcionamento.
9.- Ao PSdeG de Foz, non lle gusta como está a levar este tema o Alcalde. Anunciando consensos antes de que estes teñan lugar e acadando compromisos antes de falar cos concelleiros dos outros grupos da Corporación.
Actúa sen contar para nada coa oposición ata que non queda mais remedio e coa pretensión que lle dean un cheque en branco. Este non é o talante nin a colaboración que anunciou e pediu no pleno de investidura.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



