Bruxelas, 13 Outubro 2015.- A Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo (PE) [ORDE DO DÍA] procedeu na mañá deste martes a votar o informe Produción ecolóxica e etiquetado dos produtos ecolóxicos, modificación do Regulamento (UE) do Parlamento Europeo e do Consello [Regulamento relativo aos controis oficiais] e derogación do Regulamento (CE) n° 834/2007 do Conselho, ao que se presentaron máis de 1.300 emendas. Finalmente o informe saíu aprobado. Alternativa Galega de Esquerda en Europa abstívose.
A partir dagora ábrese un proceso de negociación con presenza da Comisión Europea, o Consello e o Parlamento, do que sairá un acordo definitivo de modificación do regulamento.
A eurodeputada de Alternativa Galega de Esqueda en Europa (AGEe), Lídia Senra, valorou esta mañá dende Bruxelas que este informe “malia a ter cousas importantes”, contaba con varios aspectos que impedían que puidera ser apoiado por AGEe.
Senra, responsábel de seguir este informe para o Grupo da Esquerda Verde Nórdica/Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura, chamou a atención sobre o feito de que “non foron consideradas as nosas emendas dirixidas a que non podan ser valorados como “ecolóxicos” produtos que son desprazados dende milleiros de kilómetros”.
Cómpre lembrar que o transporte global de alimentos é, a día de hoxe, responsábel de alomenos o 6% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro. “A agricultura ecolóxica debe dirixirse a potenciar o produto local e de proximidade”, reiterou, “a cuestión da importación e exportación de produtos ecolóxicos debería estar moitísimo máis acoutada neste informe”.
Outro punto especialmente sensíbel foi o debate sobre a necesidade de apoiar a produtoras e produtores que vexan contaminadas as súas producións ecolóxicas por organismos transxénicos debido a prácticas de terceiros. “Nos defendíamos que estas agricultoras/es ecolóxicas/os deben ser indemnizadas economicamente, e esta proposta tampouco saíu aceptada”, concretou a eurodeputada galega.
Por último, outra das características que facían imposíbel o apoio de AGEe a este informe é que, malia a especificar que na agricultura ecolóxica non se van admitir os transxénicos, sen embargo recolle como excepción o emprego de medicamentos veterinarios realizados a partir de organismos xeneticamente modificados (OXM’s). Dende AGEe consideramos que no marco da regulación da produción ecolóxica “non debería autorizarse absolutamente nada que seña feito con ou a partir de transxénicos”.
Aliás, Alternativa Galega de Esquerda en Europa amosouse contraria a proposta aprobada a través deste informe de crear unha “estrutura administrativa” dentro da competencia europea para “armonizar e implementar” este regulamento, xa que “entendemos que o desenvolvemento, seguimento, coordenación e cumprimento do Regulamento e de tódalas normativas da agricultura ecolóxica deben ser responsabilidade das institucións públicas correspondentes xa existentes, e se é preciso deberán reforzarse os servizos públicos adicados a este fin”.
A partir de agora o texto será debatido entre o Consello, a Comisión e oParlamento-, “e estaremos pendentes do seu percorrido para dar conta da evolución e do texto que se aprobe finalmente”, concluíu a eurodeputada de AGEe.



















O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



