O equipo Morán Grupo Lourenzá da Primeira División Feminina de Baloncesto sufre cambios de orde nas xornadas 2, 4, 15 e 17.
Así, este domingo 18 de outubro medirase en Lourenzá -nunha renovada cancha- ó Ascensores Tresa a partir das 18.30 horas. A volta, na xornada 15, disputarase o sábado 6 de febreiro en Perchera ás 19.15 horas.
O partido correspondente á cuarta xornada disputarase en Lourenzá ante o Unami CP o domingo 1 de novembro ás 18.30 horas; mentres que o pavillón Emperador Teodosio acollerá o Unami CP – Morán Grupo Lourenzá o 20 de febreiro a partir das 20.00 horas correspondendo á xornada nº 17.
Novo parquet
O renovado chan do pavillón municipal está listo para a competición. De feito, ademais do partido de Nacional ante o Ascensores Tresa Gijón; tamén acollerá o domingo o debut do Muebles Huertas en Autonómica ante o CB do Lea a partir das 16.30 horas.
E o terceiro partido de estrea da cancha, será o da estrea do equipo Junior en Autonómica e a estrea tamén do novo patrocinador: Terras da Mariña Sociedade Cooperativa Galega. A partir das 20.00 horas, Terras da Mariña – Costa Ártabra de Ferrol no municipal laurentino.