Lugo, 25 de novembro de 2015. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo acompañado da candidata de Nós – Candidatura Galega, Olalla Rodil, visitaron a N-640 ao seu paso por Lugo. “A N-640 é o claro exemplo de abandono da provincia de Lugo por parte do goberno do estado” dixo Olalla Rodil. Rubén Arroxo lembrou que “estamos a falar dunha estrada que é a principal comunicación entre Lugo, a Terra Chá, a Mariña e Asturias, que é responsabilidade do Ministerio de Fomento e que está totalmente abandoada”.
A candidata de Nós – Candidatura Galega comprometeuse a trasladar ao Congreso en Madrid as iniciativas necesarias para que o goberno do estado se faga cargo dos arranxo do firme da estrada N-640 (Lugo-Meira). “O firme da N-640 atópase nun deficiente estado de conservación e esto pode provocar accidentes nesta estrada que asume un importante volume de tráfico” asegurou Olalla Rodil e explicou que “cando chove fórmanse bolsas de auga que se converten nun auténtico perigo para a seguridade vial”.
O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, apuntou que “consideramos necesario facer esta demanda dende todos os concellos que atravesa esta estrada N-640 por que o seu mal estado afecta a moita xente destes concellos, da comarca e mesmo ás persoas que transitan dende Lugo cara Asturias”. Arroxo lamentou o continuo abandono que o goberno do estado fai da provincia de Lugo e asegurou que existen serias dúbidas de que o propio Ministerio sexa coñecedor do estado real no que se atopa este vial.















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



