Ribadeo, 27 de novembro de 2015. Acisa critica os cortes no fornezo eléctrico que se veñen producindo constantemente en Ribadeo, o último deles ás 12.10 minutos, aproximadamente, deste venres.
A directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos sinala que “non podemos estar todos os días con estes cortes no subministro eléctrico. Este venres tivemos un de varios minutos, a semana pasada e a anterior tamén se produciron pequenos cortes”. En Ribadeo pagamos a luz, como o resto dos cidadáns deste país, pagamos os impostos igual que o resto, pero non recibimos os mesmos servizos e as mesmas prestaciones”.
Acisa recorda que “xa unha vez saímos á rúa a protestar, xa nos queixamos ante a Xunta de Galicia e de seguir así teremos que convocar novas accións para que as queixas e as voces dos nosos asociados escóitense. Con cada corte no subministro eléctrico hai unha chea de máquinas e de aparellos que se poñen en risco e moitas veces acábanse estropeando coas perdas que iso lles pode ocasionar aos nosos comercios ou aos nosos bares e restaurantes”.
Desde Acisa engaden que “Ribadeo debe contar cun subministro eléctrico acorde ao número de habitantes, de empresas, de establecementos comerciais e de restauración cos que conta. E tanto a empresa subministradora como as diferentes administracións deben facer todo o posible para que así sexa”.