Lugo, 12 de novembro de 2015.- O portavoz do Grupo Popular no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, mantivo este xoves a primeira reunión de traballo cos membros das candidaturas pola provincia ao Congreso e ao Senado para as próximas eleccións do 20 de decembro. “Logramos xuntar experiencia e renovación, un equipo amplo e ilusionado que traballará ao servizo dos lucenses”, destacou Barreiro.
“Esta candidatura demostra que o PP ten un equipo con capacidade e preparación, un equipo ganador, con mulleres e homes cun alto grado de compromiso”, continuou Barreiro. A reunión de traballo, na que non só participaron os membros da candidatura senón tamén representantes provinciais do partido, permitiu perfilar a estratexia a seguir para dar a coñecer aos cidadáns o proxecto popular e render contas da acción de goberno. O acto, serviu ademais de presentación oficial da nova candidatura.
Experiencia, renovación e unidade
O presidente do PP de Lugo destacou que a candidatura está formada por representantes de todas as áreas da provincia, de distintos perfís profesionais e sociais e que nela conflúen experiencia e renovación. “É unha candidatura moi completa; hai persoas cunha ampla traxectoria política e tamén novas incorporaciones, novos activos para o partido e para a provincia dos que eu destacaría a súa ilusión e a súa capacidade de traballo”, subliñou o dirixente popular.
José Manuel Barreiro sinalou que “o noso principal obxectivo segue sendo solucionar os problemas dos cidadáns da provincia, non como outras formacións políticas que teñen que solucionar primeiro os seus internos”, en referencia ao que está sucedendo no PSdeG e na Deputación de Lugo.
Finalmente Barreiro destacou que “fronte á suma de partidos de esquerdas só hai unha referencia política, o Partido Popular, que é a única opción que garante a estabilidade”. “Estou convencido -continuou- de que os lucenses non fallarán a Rajoy porque tampouco o Goberno fallou a Lugo nesta lexislatura”. “Temos que traballar para conseguir a maioría suficiente que nos permita seguir levando a España e a Lugo pola senda do crecemento”, concluíu o presidente provincial do PP.
CANDIDATURA
CONGRESO DOS DEPUTADOS
1.- Joaquín María García Díez (Lugo)
2.- Jaime de Olano Vela (Viveiro)
3.- Mercedes González Alonso (Foz)
4.- María Ana Fernández Castro (Sarria)
Suplente 1.- Verónica Prado Diéguez (Chantada)
Suplente 2.- Manuel López Fernández (Lugo)
Suplente 3.- Rosa María Arza Rodríguez (Quiroga)
Suplente 4.- Mª Manuela Carballeira García (Guitiriz)
Suplente 5.- Tobías Martínez Cotarelo (A Fonsagrada)
SENADO
1.- José Manuel Barreiro Fernández (Lugo)
Suplente 1.- Manuel Antonio Fernández Piñeiro (Lugo)
Suplente 2.- Rocío Blanco Pliego (O Valadouro)
2.- Dámaso López Rodríguez (Monforte)
Suplente 1.- Javier Varela Pérez (Antas)
Suplente 2.- María José Gómez Rodríguez (Guntín)
3.- Sandra Vázquez Domínguez (Vilalba)
Suplente 1.- Gerardo Criado Guizán (Vilalba)
Suplente 2.- María del Mar Fraga Fernández (Burela)



















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



