Viveiro, 12 de novembro de 2015.- O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o lecer na súa cidade. Pon en marcha este venres 13 e o sábado 14 de Novembro a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Unha oportunidade para pasar o fin de semana realizando compras nos 56 comercios participantes na campaña e gozar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, perfumería, beleza, xoguetes, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, etc.
Os locais participantes son Óptica Rosario, Confecciones Justo Vázquez, DK@tivos, Muebles Iglesias, Platax, Regalos Sulian, Madrás, Mis Personajes, Benetton, Caché, Chasis, África Copias, Jonathans, Óptica Casariego, Las Fidalgas, Tacones, Kody, Kody Kids, Roupa, Calzados Albo, Albo Zapaterías e Albo zapatillería, Piti Deportes, Kerale, Oscar Rodríguez Joyeros, Deportes Cota, Roq Sport, Van Surf Shop, Fontana, Dandara, Lencería Canela, Ferretería Luis, Miss-tic, Tiendas Verdes, Librería Neira, Estanco Casanova, Foto Carlos, Joyería Paleo, Equivalenza perfumes, Reedbeed-Only, Foto Oliver, Raquel Seijido, Estanco Couceiro, Depidel, Hostelería Beiramar, Carnicería Mariño, Kandela Iluminación, Todoriginal, Nacar, Phonetecnics, Nua Moda, Paquetería Mónica, Cesar Cocina y Baño, Náutica Beagle, Irimia e Grafity.
Os locais participantes estarán identificados cos distintivos da campaña, bandeirolas de cor fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos pegados nos escaparates indicando aqueles que participan con artigos seleccionados como poden ser os estancos, librerías ou perfumerías. Deste xeito para o cliente é moi fácil identificar aqueles locais nos que poderá gozar da campaña de descontos.
Trátase de ofrecer ao cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, comprando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.
É moi importante recordar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas deses dous días.




















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



