Burela, a 13 de novembro de 2015.- Aproveitando un acto político do Partido Popular provincial, o portavoz do PP burelés, José María González Barcia, e a concelleira e membro da candidatura ó Senado, María del Mar Fraga Fernández, mantiveron este xoves un pequeno encontro coa Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero, para intercambiar opinións no tocante a actuacións da indicada consellería no concello burelés.
José María González Barcia quixo destacar e agradecer a disponibilidade de Breatriz Mato para poder manter esta pequena entrevista, e tamén recoñecer a colaboración da propia Mato Otero co concello de Burela nas súas diversas etapas con responsabilidades da Xunta de Galicia.
Gonzalez Barcia e Fraga Fernández fixéronlle entrega a Beatriz Mato dun dossier sobre cuestións relativas ó concello burelés que son da súa competencia. Entre todas elas, a máis importante é a solución ós problemas da actual estación depuradora de augas residuáis, EDAR. O portavoz popular, José María González Barcia, manifestou que “a solución, tal e como se concretou coa Xunta nos meses fináis do noso mandato no goberno municipal, pasa pola construcción dunha nova EDAR, logo de que técnicos de Augas de Galicia comprobasen ‘in situ’ a realidade da nosa rede de colectores e a situación da actual EDAR”.
“A nova EDAR, segundo Barcia, tal e como dixemos desde o noso goberno municipal, ocupará unha superficie estimada de non moito máis dos 1.200m2, estará ubicada xusto ó lado da actual, e corresponderase co modelo coñecido como ‘compacto’, dado que boa parte da mesma vai por debaixo da cota cero. En todo caso, a Consellería pode facer cambios no proxecto, ainda que o indicado é a liña a seguir”.
O portavoz popular indicou que “o compromiso da Xunta está fóra de toda dúbida. Para o exercicio de 2016, o presuposto da Consellería de Medio Ambiente fixa unha contía de 2.598.055’00€ para saneamento e depuración no noso concello, co que con este importe pódese elaborar o proxecto, sacar a obra a concurso, adxudicala, e mesmo as obras poderían comenzar a fináis do vindeiro ano”.
González Barcia lembrou que “a fináis do pasado marzo do presente ano, a por aquela conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, indicou que no marco dos fondoS FEDER para o período 2014/2020, e dentro dos 87’8M€ contemplados para saneamento das rías e de ampliación e millora das estacións depuradoras de augas residuáis, está incluida a actuación no noso concello, xunto coa de Lalín, con máis de 15.000 habitantes equivalentes”.
O portavoz do GMP burelés puxo de relevo que “Portos de Galicia tén coñecemento da actuación que se quere levar a cabo, máis coherente ca inicialmente prevista, de instalar unha planta na zona de O Berbés, que colisionaría cos intereses de ABSA e mesmo podería perxudicar a actividade económica da lonxa, algo que se quere impedir. De aí que se buscara unha fórmula alternativa”.
“En todo caso, rematou Barcia, como impulsores deste proxecto, estaremos por suposto mui en contacto coa Xunta de Galicia para que chegue a bon porto. Atrancos foron aparecendo nestes pasados anos, e foron superados. Agora agardamos que non haxa ninguén que, por que sí ou por facerse notar, se lle ocurra poñer paus nas rodas a unha obra que, sendo como é mui necesaria para Burela, costou moito traballo sacala adiante. E estou seguro que pola Xunta de Núñez Feijoo e a súa conselleira Beatriz Mato non ha quedar”.



















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



