Ciudadanos C’s Ribadeo aprecian que “nos últimos días aumenta o rifirrafe e a discrepancia entre o Partido Popular por unha banda e o resto de forzas políticas e sociais locais por outro a conto da Residencia de Maiores de Ribadeo”.
Desde a Executiva de C´s Ciudadanos Ribadeo queremos expresar a nosa opinión sobre este tema, xa que consideramos que nos estamos xogando algo demasiado importante para os nosos veciños que nunca se debería converter no “sainete” no que se está convertendo.
“Por encantamento, o PP de Ribadeo cambia de opinión e de súpeto apártase da comisión pro residencia, insisten en que eles si defenden a Residencia de Maiores; pero vanse e miran para outro lado (aos seus xefes de partido que é a quen serven), abandonan a todos os cidadáns do Concello incumprindo claramente coa obrigación de defender os intereses veciñais. Aparece en escena o secretario do Partido Popular de Lugo e Deputado Sr. Balseiro que a modo de xusticieiro vén a esta vila a dictar sentenza en contra do pobo ribadense negando coma se del fose a capacidade toda investimento da Xunta para a Residencia, alzándose como portavoz e protagonista de algo que nin el mesmo o cre xa que para iso está o Sr. José Manuel Rey Varela, Conselleiro de política Social que de momento nada dixo, onde estivo o Sr. Balseiro durante os últimos tres anos e por qué non se expresou así de contundente no mandato pasado cando os anteriores representantes locais do PP si apoiaban a Residencia?. O bo de todo isto é que xa queda menos para as próximas eleccións Autonómicas, posiblemente o mosaico político Galego cambie a mellor e algún terá que preparar as maletas para irse e deixar de vivir do Sistema”.
Desde Ciudadanos C´s consideran que “é lamentable todo isto, vemos que pode perigar un proxecto de interese para todos, estase degradando cada día máis a relación entre Xunta-Concello e non se está facendo o suficiente para evitalo. Xa o dicía Descartes: “non hai nada repartido de modo máis equitativo que a razón: todo o mundo está convencido de ter suficiente”. Por iso cremos firmemente que o único xeito de xuntar e coordinar intereses é a negociación, o diálogo con maiúsculas. Non consideremos traizón ou debilidade o ceder todos un pouco. E si o problema é un informe de viabilidade no que tanto insiste o PP, pois pedimos ao Sr. Alcalde (que por certo, neste caso segue ao pé da letra os consellos dos técnicos municipais – aínda que non sempre é así), faga o ditoso informe, envíeo e a esperar a resposta”.
“Os nosos veciños están necesitados de que os políticos esteamos á altura necesaria para evitar un estrepitoso fracaso e pedimos a todos un esforzo para sacar adiante este proxecto tan importante. Compartimos a idea de que sexa unha Residencia Municipal xa que é polo que se loitou desde un principio. Esiximos que tanto Xunta-PP como Alcalde-BNG defendan unicamente os intereses dos cidadáns aparcando as diferenzas partidistas para que non se faga realidade o vello refrán de “Uns por outros a casa por varrer”.


















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



