Nunha tarde agradable e co campo en perfectas condicións, foron 41 inscritos os que participaron na tirada do campo de fútbol de Xove dentro da XXVII TIRADA DE BOLOS – XVI SUB 16 – VII LIGA FEMININA (TEMPORADA 2015/2016).
Liga Sénior Masculina
Vitoria para César Cancelos na categoría sénior masculina que lle permite ascender á 8ª posición. Sócrates Campo, a pesar de non puntuar na primeira tirada, está mantendo unha gran regularidade e grazas aos 6 puntos obtidos supera a Moisés e pasa á segunda posición, por detrás de José Rafael González, líder destacado con 40 puntos. Rafa está demostrando unha gran regularidade, xa que non baixou da 4ª posición nas cinco tiradas realizadas ata o momento.
Esta é a liga da regularidade, onde o que conta é sumar tódalas semanas.
Aínda que só vai un cuarto da competición, xa se está perfilando un amplo grupo do que sairá a tríada final. Polo momento, aínda non hai nada perdido e todo o grupo de xogadores está en disposición de acceder ás primeiras prazas.
Liga Sénior Feminina
Nova vitoria de Salomé Cardoso, que nesta súa segunda tempada na categoría parece ir a por todas. As súas catro vitorias fan que comande con claridade, con 10 puntos máis que a vixente campioa, que é a única que polo momento lle está aguantando o tirón. Por detrás, Salomé Bermúdez con 12 puntos; Carmen cuarta con 11 puntos segue con problemas físicos que non lle permiten render ao cen por cen, polo que esperamos que se recupere canto antes e nos ofreza ese xogo consistente ao que nos ten acostumados.
Liga Sub 16
Daniel Alonso volveu gañar, pero a piques estivo Miguel López de superalo e só un fallo nos dous últimos desquites impideu que se alzase coa vitoria. Polo tanto, a brecha entre Daniel Alonso e Miguel, e entre Miguel e o resto, estase a abrir cada vez máis, centrándose a loita na terceira praza da clasificación.
A vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE A VARA, o vindeiro sábado 7 de novembro de 2015.
CAMPIONATO DE BOLOS DO CAMPO DE FÚTBOL DE XOVE (31 OUTUBRO 2015) 41 INSCRITOS: 21 NA LIGA SENIOR, 7 NA LIGA SUB 16 E 13 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACIÓN | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | CÉSAR CANCELO LÓPEZ | 280 | 12 |
SEGUNDO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 252 | 10 |
TERCEIRO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 248 | 8 |
CUARTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 240 | 7 |
QUINTO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 229 | 6 |
SEXTO | C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 224 | 5 |
SÉTIMO | ARTURO VIGO CASABELLA | 221 | 4 |
OITAVO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 215 | 3 |
NOVENO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 215 | 2 |
DÉCIMO | JOSE VIGO LAGE | 204 | 1 |
MELLOR BOLADA | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 84 | 1 |
LIGA SUB 16 | |||
PRIMEIRO | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 206 | 6 |
SEGUNDO | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO | 195 | 4 |
TERCEIRO | JAVIER ALONSO LÓPEZ | 110 | 3 |
CUARTO | HUGO PÉREZ MEITÍN | 106 | 2 |
QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 101 | 1 |
MELLOR BOLADA | DANIEL ALONSO LÓPEZ | 64 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRIMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 176 | 6 |
SEGUNDO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 163 | 4 |
TERCEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 99 | 3 |
CUARTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 98 | 2 |
QUINTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 86 | 1 |
MELLOR BOLADA | CARMEN ROCA CORRAL | 63 | 1 |