Bruxelas, 27 de novembro de 2015.- Integrantes do Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol, a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, a Plataforma de Defensa do Río Baa, SOS Río Miño, Agrupación de Mariscadoras a Pé da Confraría de Pescadores de San Telmo de Pontevedra, Plataforma Sarriana polo Río, Plataforma de Cospeito, Asociación Xentes de Mar Viva e representantes do sector acuícola de Burela e artes menores de Narón, acudiran ao Parlamento Europeo (Bruxelas) o vindeiro mércores 2 de novembro para trasladar as súas experiencias de loita e denuncia da contaminación das rías e ríos galegos.
Esta iniciativa, impulsada pola eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, avanza na liña de visibilizar no Parlamento Europeo (PE) os distintos conflitos e reivindicacións que a cidadanía está a levar adiante no noso País día a día.
Na Galiza temos 18 rías e aproximadamente 10.000 ríos, e unhas e outros son sistemas ecolóxicos en si mesmos, aos que debemos prestar atención tanto a nivel interno como das distintas repercusións nas áreas xeográficas polas que descorren.
Así, este encontro terá como obxectivo inmediato realizar unha posta en común das problemáticas derivadas da contaminación das rías e ríos galegos, “unha cuestión de importante impacto tanto a nivel medioambiental como social e produtivo”, lembrou Senra.
Alternativa Galega de Esquerda en Europa tense dirixido xa en repetidas ocasións á Comisión Europea denunciando a situación de moitas das canles hidográficas galegas a través de preguntas parlamentarias, como por exemplo as realizadas ao respeito das sendas fluviais do río Tea e Castro da Croa (LIC Río Tea), Ría de Ferrol (Reganosa, Forestal del Atlántico e marisqueo) ou a depuradora de Coruxo.
Aliás, Senra promoveu o pasado 7 de novembro un seminario en Cangas o baixo o título “As pescas e a acuicultura na Galiza no contexto da Política Pesqueira Común (PPC): retos e propostas de futuro”, articulada en torno a oito mesas temáticas integradas por máis de quince representantes directos do sector.



















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



