Burela, 17 de novembro de 2015.- O Grupo Compromiso por Galicia Burela
EXPÓN:
O Artigo 29 da Constitución española no seu apartado 1 regula: “Todos los españoles tendrán el derecho de petición individual y colectiva, por escrito, en la forma y con los efectos que determine la ley.” Como veciño de Burela e representante de un grupo político pretendo mediante o presente escrito exercer o meu dereito fundamental de petición. Polo que ó amparo do regulado na Lei Orgánica 4/2001, de 12 de novembro, reguladora do Dereito de Petición, DIGO:
O Xuzgado do mercantil de Lugo ven de subastar as instalacións coñecidas como “Gres Burela” sitas no noso Concello, estas instalación teñen un importante peso na historia e tradición da nosa vila, non en vano estas catalogadas e protexidas, en parte, no PXOM de Burela. Concretamente a protección ven marcada no catalogo de dito PXOM na ficha 340. Entendendo que existen numerosas responsabilidades da administración local no relativo a patrimonio,
PIDO:
Que por parte dos técnicos municipais, ou ben colaborando con outra administración, se audite a situación do ben protexido, e se esixa á empresa que foi adxudicataria das instalacións na poxa, que presente un plan de protección e actuación no relativo a este Patrimonio que e de todos.
Na tramitación de esta petición estarase o regulado na Lei Orgánica 4/2001, de 12 de novembro, reguladora do Dereito de Petición.