Burela, 6 de novembro de 2015.- A Terceira División chega á sexta xornada de competición cun derbi provincial protagonizado polo AD Prone Lugo B e Burela Pescados Rubén que se enfrontan o domingo día 8, a partir das 18.00 horas no pavillón O Chanto de Sarria.
Ambas escuadras pelexan por escapar da zona baixa da clasificación e o derbi parece unha boa ocasión para a escuadra burelesa para coller “un impulso de confianza que reflexe o bo traballo que están realizando os xogadores” comentou Juanma, técnico do filial laranxa que está satisfeito con “a actitude do equipo, a súa predisposición é moi boa. Queremos traducir as boas sensacións con puntos que nos dean a tranquilidade precisa para que os rapaces poidan desenvolver o seu mellor xogo”.