19 de novembro de 2015.- A terceira edición da Liga Prebenxamín da Mariña de Fútbol Sala, organizada pola Fundación Imdecum, estrearase esta fin de semana, coa participación de 10 clubs da bisbarra. A competición, rexida pola Federación Galega de Fútbol Sala en Lugo, disporá de novo de dúas categorías, Prebenxamín 1 (nacidos/as en 2008) e Prebenxamín 2 (2009-10).
A Liga de Prebenxamín 1 estará composta por ACD Xove, AD Praia de Covas, AD Santiago de Foz, ED Burela FS, CFS Cidade de Viveiro, Escolas Celeiro Xove FS, ED Barreiros, EDM Cervo, Castrelo FS e Maderas Barcia Lourenzá FS.
Prebenxamín 2 contará coa representación de ACD Xove, AD Praia de Covas, AD Santiago de Foz, ED Burela FS e Maderas Barcia Lourenzá.
Ambas as ligas disporán de 18 xornadas, con dobre volta para Prebenxamín 2, e disputaranse ata mediados de maio.
Primeira xornada-Prebenxamín 1 (horarios adxuntos)
ED BURELA FS– AD PRAIA DE COVAS
AD SANTIAGO DE FOZ – ACD XOVE
MADERAS BARCIA – CFS CIDADE DE VIVEIRO
ESCUELAS CELEIRO XOVE FS – EDM CERVO
ED BARREIROS – CASTRELO FS
Primeira xornada-Prebenxamín 2 (horarios adxuntos)
ED BURELA FS-AD PRAIA DE COVAS
AD SANTIAGO DE FOZ – ACD XOVE
Descansa: MADERAS BARCIA
2014-15
Imdecum apostou en 2013-14 pola organización ligueira de fútbol sala nas categorías máis novas para cubrir un baleiro que ata daquela existía na bisbarra. Na segunda tempada, a de 2014-15, a liga repetiu no panorama deportivo mariñán. Prebenxamín 1 estivo composta por AD Santiago de Foz, ACD Xove, AD Praia de Covas, ED Burela FS, ED Barreiros e Ribadeo FS, co título de campións para os focegos. Prebenxamín 2 contou coa representación de AD Santiago de Foz, ACD Xove, AD Praia de Covas, ED Burela FS, Escolas Celeiro SD Xove, Maderas Barcia Lourenzá e CFS Cidade de Viveiro, coa primeira praza para os laurentinos.
A Copa Prebenxamín da Mariña 2015, disputada en xuño de 2015, marchou para Foz e Xove. A AD Santiago de Foz, en Prebenxamín 1, e o ACD Xove, en Prebenxamín 2, proclamáronse campións da fase final.