Cervo, 17 de novembro de 2015.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a concelleira de Cultura, Dolores García, mantiveron este martes a primeira toma de contacto coa algúns dos interesados en integrarse na área de artesanía que o Concello creará no conxunto histórico artístico de Sargadelos. O rexedor anunciou que a oferta estenderase a todos os artesáns de Galicia.
Alfonso Villares explicou: “hoxe tivemos a primeira toma de contacto con algúns daqueles artesáns aos que lles diriximos unha carta; en total foron 21 do ámbito da Mariña cos que nos comunicamos e puxéronse en contacto con nós unha serie deles que xa mostraron o seu interese polo proxecto que desde o Concello de Cervo queremos levar adiante. Foi unha primeira toma de contacto na que tamén se lles expuxo cales son os locais que queremos acondicionar. Temos dúas localizacións distintas dentro do propio conxunto histórico artístico de Sargadelos e en función do número de artesáns que estean interesados en situar o seu obradoiro neste complexo se utilizarán máis ou menos”.
O alcalde anunciou que “o segundo paso que vamos facer desde o Concello de Cervo é estender esta oferta ao ámbito autonómico, a todos os artesáns de Galicia, aos que lles explicaremos, igual que fixemos cos artesáns locais, cales son as pretensións do Concello de Cervo, que non son outras que dinamizar o conxunto histórico artístico de Sargadelos; e facelo ademais coa artesanía, con aquelas persoas que traballan coas súas mans, do mesmo xeito que se facía tamén en certa maneira en Sargadelos hai xa máis de 200 anos. É unha historia que ten o conxunto histórico artístico de Sargadelos, que temos no concello de Cervo, e eu creo que en si xa é un efecto chamada para multitude de xente non soamente de Galicia senón tamén de fóra dela, que acoden cara a este aceno de identidade que ten o concello de Cervo”.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



