Burela, 12 de novembro de 2015.- O BNG criticou a xestión dos comedores escolares por parte da Xunta de Galiza, ao primar o abaratamento económico por riba da calidade do servizo. O portavoz municipal do BNG, Mario Pillado, sinalou que “se trata dunha das múltiples consecuencia dos recortes que está acometendo o goberno galego sobre os servizos básicos”. A política de austeridade posta en marcha polo PP está a xerar máis desigualdade e unha perda xeralizada na calidade dos servizos públicos que tamén afectan aos veciños e veciñas de Burela e aos nosos nenos e nenas. Agora veñen constatarse as consecuencias de adxudicar a calquera prezo a alimentación dos nosos escolares a unha empresa de Málaga.
Mario Pillado pide explicacións ao alcalde e demanda un servizo de calidade e que se manteñan os postos de traballo
Pillado tamén foi crítico co acalde de Burela, ao que cuestionou a súa escasa capacidade negociadora en relación ás necesidades dos comedores escolares do noso Concello. En palabras do Pillado, “o Sr. Llano non foi quen de dar unha solución e garantir a estabilidade das traballadoras dos comedores, que foron subrogadas á empresa adxudicataria no comezo do curso escolar”. Os nacionalistas piden ao alcalde que aclara que vai pasar coas traballadoras do colexio Vista Alegre e que solucións vai aportar o Concello neste asunto.
Para o BNG, os comedores escolares deben prestar un servizo de calidade, posto que se trata da alimentación dos nosos nenos e nenas e debe actuarse coa máxima celeridade e o máximo rigor. O BNG aposta por primar a calidade destes servizos, atendendo a criterios de salubridade e potenciando o emprego público e o comercio local na medida do posible. Pillado sinalou que “é unha boa forma de xerar emprego na nosa vila e garantir a calidade dos menús escolares”.
















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



