Trala recente firma do Protocolo para a Coordinación de Actuacións de Vialidade Invernal, no que participan a DGT, a Garda Civil de Tráfico e a Demarcación de Estradas do Estado do Ministerio de Fomento, o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, presentou este xoves en Pedrafita do Cebreiro (Lugo) os medios dispoñibles en Galicia que poderán ser despregados ante situacións climatoloxicamente adversas. Ao acto acudiron tamén os subdelegados do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e en León, Teresa Mata, quen presentaron á súa vez o protocolo específico de cooperación entre as dúas provincias para garantir a vialidade na rede de estradas do Estado na provincia de Lugo e na vertente leonesa do porto de Pedrafita.
En canto aos medios presentados polo delegado do Goberno, que se utilizarán nos 2.423 km da Rede de Estradas do Estado e das autopistas de peaxe na comunidade galega, están conformados por 91 camións quitaneves, case 20.000 toneladas de sal amoreadas e unha capacidade de almacenamento de máis de 3.000 m3 en depósitos para salmoiera. Increméntase así, respecto de a campaña anterior, un camión quitaneves na provincia de Lugo. Ademais, aumenta a capacidade total de almacenaxe de sal a granel en Galicia en máis de 2.000 toneladas e en máis 65.000 litros de salmoira. Un total de 483 efectivos humanos traballarán nesta campaña, incluíndo ao persoal de autopistas.
Os medios dispoñibles por provincias son:
– A Coruña: 12 quitaneves, 1.690 Tm de sal e 130.000 litros de salmoira.
– Lugo: 40 quitaneves, 9.300 Tm de sal e 2.515.000 litros de salmoira.
– Ourense: 20 quitaneves, 5.294 Tm de sal e 110.000 litros de salmoira.
– Pontevedra: 10 quitaneves, 1.975 Tm de sal e 89.000 litros de salmoira.
Nas autopistas de peaxe:
– AP-9: 7 quitaneves, 1.375 Tm de sal e 200.000 litros de salmoira.
– AP-53: 2 quitaneves, 350 Tm de sal e 33.000 litros de salmoira.
Cos medios citados, durante a nova campaña de vialidade invernal que se está iniciando, preténdese manter un adecuado nivel de servizo das estradas da RCE e Autopistas de Peaxe, durante o período comprendido entre o 1 de novembro de 2015 e 30 de abril de 2016, cuxo obxectivo é a seguridade dos usuarios e que a circulación sexa o máis cómoda e fluída posible nestas condicións climatológicas adversas.
Dentro das operacións de vialidade invernal está previsto efectuar tratamentos preventivos e curativos no firme en situacións de baixas temperaturas nos sectores de autovías, autopistas e estradas convencionais afectadas.
Desde o Centro de Conservación de Pedrafita do Cebreiro (Lugo), son xestionadas as dúas vertentes do porto de montaña da A-6 e N-VI, tanto na provincia de León como na provincia de Lugo, entre Villafranca do Bierzo (León) e Becerreá (Lugo). Para iso disponse, de 12 camións quitanieves, dous deles aptos para estendido de salmoira, 3.500 Tm de sal en almacén, 5 silos de 100 Tm cada un, distribuídos no tramo e 4 plantas de salmoira con depósitos aptos para unha capacidade de 752.000 litros.





















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



